Román é o voceiro de GañaMos, falamos con el para coñecer a súa valoración da situación política do seu concello en particular e de Galicia en xeral.
“A XESTIÓN DA ALCALDESA ESTÁ A LEVAR AO NOSO CONCELLO Á RUÍNA MÁIS ABSOLUTA”
Como levaches o confinamento?
Bastante duro a verdade. A miña casa de Tameiga téñoa en obras e non quedou outra que pasalo nun piso que temos no centro do Porriño
A túa familia sodes 4 persoas. Catro nun piso tanto tempo non debeu de resultar doado?
Bastante duro a verdade. A miña casa de Tameiga téñoa en obras e non quedou outra que pasalo nun piso que temos no centro do Porriño
A min se me chegan a dicir en xaneiro que a partir de marzo toda a sociedade española iamos estar confinados un par de meses nas nosas casas trataría de tolo a quen mo dixera, e agora despois de ter pasado por esta experiencia, considero que a reacción xeral da sociedade foi dun civismo extraordinario. Ti que opinas?
Eu como ti, non mo crería se mo contaran a priori. E tamén concordo contigo en que , con excepcións, a sociedade española en xeral deu unha lección de madurez democrática e de civismo
Como valoras a xestión da situación de Pandemia que desenvolveu a administración local?
Para min foi unha xestión incorrecta,
Por que?
Amosou un afán de protagonismo e desexos de saír na foto impropio de quen debe limitarse a xestionar e non a publicitarse ela mesma aproveitándose das circunstancias. Nós, como non podía ser doutra maneira desde o comezo ofrecémoslle a nosa axuda para saír adiante o mellor posible, mesmo propóndolle que as máscaras, que entregou o concello, se entregaran de forma esterilizada e seladas, nunha bolsa, co seu manual de instrucións para ser re utilizadas Por outra banda exerceu un populismo intolerable como por exemplo con aquel comunicado no que acusaba á alcaldesa de O Porriño de impedir á veciñanza de Mos acudir a mercar ao Concello veciño. Esta é a parte mala, a parte boa é que tanto o servizo de emerxencias como o da policía municipal funcionaron moi ben. As traballadores e traballadores de servizos sociais fixeron unha labor brillante
O BNG non asistiu ás homenaxes que en pleno estado de alarma fixo o concello a diversos colectivos e vós si. Por que?
Para min calquera tipo de homenaxe que se lle faga a quen deu o mellor de si mesmo para axudar aos demais está ben, e eu non teño ningún problema en asistir
Como valoras o teu primeiro ano na corporación municipal?
Agora , con moita máis experiencia reafírmome na miña opinión referente a que a xestión desta alcaldesa está a levar ao noso concello á ruína máis absoluta
Refíreste á ruína económica?
Si, nestes 6 meses de ano xa levamos máis dun millón e medio en recoñecementos extraxudiciais de crédito, síntoma claro da súa nefasta xestión económica.
A visión que tes agora, que estás dentro, é a mesma que tiñas cando estabas fóra?
É peor, a situación económica do concello é realmente difícil
Os concelleiros de GañaMos téndesvos queixado con frecuencia sobre a falta de transparencia do goberno municipal. Como está agora este asunto, ao teu xuízo?
Agora mesmo a situación nese aspecto mellorou. Polo menos con GañaMos a documentación que solicitamos case se pode dicir que se entrega en tempo e forma
Como son as relacións cos outros dous grupos da oposición?
Son boas.
A ruptura que acaba de sufrir o grupo municipal do PSOE, queres valorala?
Non, é unha cuestión interna deles na que entendo que nós non debemos entrar, e que deben de resolver eles
Finalmente non te van meter no trullo por aquela denuncia referente ás supostas agresións na charla do PP en Tameiga para explicar o proxecto do celta?
Ha ha ha. Non, neses caso a xustiza comportouse como debía e deu carpetazo a unha acusación manifestamente falsa. Eu agardo que ese episodio de ataque gratuíto á veciñanza crítica, por parte do goberno municipal, non quede impune. Espero que o tempo coloque a cada un no seu sitio
Como está o tema do Celta?
As obras en Pereiras continúan e en Tameiga o asunto está parado Supoño que estarán á espera do resultado das elección autonómicas
A posición crítica de GañaMos sigue sendo a mesma?
Absolutamente. Chegaremos a onde faga falta en defensa do patrimonio e da natureza
Pronto teremos eleccións autonómicas. Cal é o teu prognóstico e cal é a posición de GañaMos ao respecto?
O meu prognóstico é que o resultado vai estar moito máis axustado do que indican as enquisas, creo que a conservación da maioría absoluta do PP ou non, vaise decidir por moi poucos votos, e no que respecta á segunda parte da túa pregunta GañaMos apoia á candidatura de Galicia en Común pois consideramos que representa á visión da necesidade da unidade popular que nós entendemos como o instrumento máis adecuado para confrontar coa ultradereita neofascista que de novo asomo as súas gadoupas.
Unha situación catastrófica para Galicia en Común, como afirman algunhas enquisas, tería incidencia no futuro de GañaMos?
Non, ningunha en absoluto
A permanencia futura de GañaMos está garantida ?
Si, agora mesmo estamos nun proxecto de reconstrución pensando nun proxecto sólido e ao longo prazo. Os nosos votantes e simpatizantes poden estar tranquilos