A desastrosa xestión económica do goberno de Mos conduce ao concello a máis de 1.100.000 de € de números vermellos nas contas do ano 2022

Gustavo Barcia BNG Mos

No pleno do mes de setembro, celebrado o pasado día 29, o goberno de Mos levou a aprobación da conta xeral do ano 2022. Estas contas arroxaron un resultado terrible: máis dun millón de € de remanente negativo, froito dunha xestión económica nefasta: pueril, nepotista e que persigue non asegurar o benestar da cidadanía mosense senón atar a continuidade do propio goberno. A conta foi presentada pola concelleira de facenda Felisa Rodríguez .Ela non é responsable do seu resultado, pois ela non formaba parte do goberno no 2022. Pero si é responsable da súa intervención , disparatada, na que alude de forma explícita a que son o PSOE e o BNG os que teñen na súa man solucionar a desfeita económica que o goberno presidido por Nidia Arévalo causou.

Xa comentei nalgunha ocasión que un campo do coñecemento que me atrae especialmente é o da metalingüística. Entre outras cousas serve para tratar de apreciar os significados que están detrás dos significantes da linguaxe xestual. E na linguaxe xestual dalgún dos membros do goberno de Mos se podía apreciar unha manifesta incomodidade cando Felisa Rodríguez dicía o superlativo disparate seguinte:·” Habería que facer unha contención da subida da inflación , pero iso si, non está na nosa man nin na man do PP. Está na man dos dous partidos do grupo da oposición”…..

Que barbaridade, que indecencia, que inmoralidade¡¡¡

Todo na vida ten a súa fin, e a alcaldía de Nidia Arévalo, tardará máis ou menos, pero tamén acabará. E cando remate e se poida falar do seu resultado sen medo , con rigor e liberdade, todos os que participaron dela van quedar retratados ante a historia. Agardo que as persoas do goberno de Mos que teñan decencia, saiban darse de conta a tempo.

Nós falamos ao respecto deste asunto co responsable do BNG local, Gustavo Barcia

Gustavo Barcia Portavoz do BNG de Mos

A situación económica na que queda o noso concello é crítica”

Para quen non o saiba dinos, de maneira sinxela, que é a conta xeral?

O resumo económico do ano.

O grupo do BNG cando coñeceu o resultado económico da conta xeral?

Aproximadamente dúas semanas antes do pleno porque ten un proceso que a regula, e antes de sometela a aprobación ten que estar en exposición pública 15 días..Antes de levala ao pleno lévase a unha comisión especial de contas que é onde se debateu.

Quen compón esa comisión especial de contas?

4 persoas do PP, 2 do PSOE e 1 do BNG.

Cal foi o resultado económico do 2022?

Un remanente negativo de más de un millón cen mil €

Que é o remanente negativo?

O que se gasta por riba dos cartos que hai.

É dicir no ano 22 o goberno de Mos gastou máis de 1.100.000€ por encima do que se dispuña para gastar?

Si.

Quen presentou ese resultado na comisión de contas?

A concelleira de facenda.

E con que cara presentou ese desastre económico?, porque para argumentar algún tipo de xustificación racional que sustente esa xestión neglixente e irresponsable hai que ser un mago da dialéctica

Nin a defendeu ni a explicou. E a sensación que deu é que nin se preparara nin lera a conta xeral. O curioso é que os resultados coñécenos desde o mes de abril.

Por que afirmas iso?

Porque os informes de intervención están asinados en abril que é cando se fixo a liquidación do orzamento.

Cres que o goberno ocultou voluntariamente o resultado da conta xeral ata que pasasen as eleccións municipais de maio?

Si.

Chegamos ao pleno e a conta xeral volve presentala a concelleira de Facenda. Supoño que aí tería que dar algún tipo de explicación?

Ben , dixo que as contas eran malas si

Xa claro, pero é que dicir o contrario estaría a altura intelectual do terraplanismo. Imaxino que explicaría as súas razóns de por que as contas son malas?

Derivou a responsabilidade á oposición

Estás de broma?

Non, este é un asunto moi serio e nin se me ocorrería facer tal cousa.

Ardo en desexos de saber como o fixo?

Ben, pois veu dicir que o problema era só a inflación e que non estaba na man do goberno facer nada para evitalo, senón que estaba nas mans da oposición.

Asombroso, vexo que non asumiron ningún tipo de responsabilidade?

Pois si, a verdade é que si, nin a máis mínima. Nós xa lles respondemos que se era culpa da oposición que se gastasen milleiros de € en camisolas, propaganda, rotondas acesas……e en todo tipo de cuestións superfluas. Eles din que non puideron prever a suba de prezos. Algo rotundamente falso pois xa nas alegación que fixemos nós ao orzamento mencionamos que os gastos estaban mal calculados porque non prevían aumento de prezos, e os ingresos tamén pois non eran realistas.

Formularon algún tipo de plan económico para tratar de solucionar o pésimo estado das contas?

Non.

En que situación económica queda o concello?

Nunha situación crítica. O remanente negativo implica que ou se asuma con cartos que haxa , algo que non é posible porque non os hai, ou que no orzamento do ano 24 se empeza con 1.100.000€ menos