Reflexionei moito sobre o artigo de opinión aparecido no último número da revista A Nova Peneira, cuxo autor é o ex concelleiro do Porriño, D. Pedro Ocampo Cardalda. Esta reflexión fíxome dubidar de se pagaba a pena solicitaro dereito de réplica e responder as opinións vertidas no artigo de referencia. O que fago de seguido.
Creo que o artigo en cuestión non é máis que unha serie de xeneralizacións evaguedades vertidas por alguén de quen se espera máis profundidade nas súas opinións. Polo menos eu, que o respecto intelectualmente, así o desexaría. Pero non; e iso é alarmante, porque non é máis que o punto e seguido dunha forma de facer política por parte de Sr. Ocampo, quen, se por algo sedistinguiu, foi sempre pola vaguedade dos seus argumentos, o lugar común, a falta de atención aos detalles e a falta de traballo e, por tanto, decoñecemento dos puntos que levaban aos plenos.
No punto da acción política, paréceme un acerto, cando uno non coñece os antecedentes dos asuntos que se tratasen nun pleno, por falta de experiencia e descoñecemento dos procedementos administrativos, tentar ir á zaga dun compañeiro de oposición e facer seus os argumentos de quen xa se sabe que ten unha longa experiencia nesas lides. Así actuei eu mesma na primeira lexislatura na que tiven a honra de representar ao PSdeG na oposición, sendo portavoz do grupo municipal socialista e así actuou, en definitiva, D. Pedro Ocampo, cando sucedeu a Ricardo Canosa, no labor de representar a Esquerda Unida na Corporación, facendo seguidismo dos argumentos e reflexións do BNG.
A estratexia non me parece censurable, por canto sempre considerei ao BNG un partido de esquerda, co que nos separan moitas cousas, pero tamén temos moitos puntos de conexión, que nos posibilitaron articular un programa de goberno progresista e de esquerda para Porriño.
O problema xorde cando xa non vale escudarse ou mimetizarse na opinión doutros para tapar a falta de opinión propia. A falta de proxecto, a ausencia, en fin, de conexión coa realidade.
Sinala Hanna Arendt que nos nosos días fóxese moito de xulgar, aínda que a opinión maioritaria é que se xulga moito: Eu creo, segundo a teoría arendtiana que o que ocorre, en xeral non é que se xulgue moito, senón que se condenasen xuízo previo.
Segundo Arendt, a capacidade de xulgar vai intimamente ligada á capacidadede pensar; non é senón o pensamento mesmo. A interiorización das causas e efectos do obxecto ou conduta pensada, vólvese cara ao particular do mundo no que vivimos para dar un ditame que ha de ser imparcial e desinteresado, sopena de volver espuria a actividade mental e as súas posibilidades.
Como dicía, hoxe condénase moito. Utilízanse as redes sociais para estigmatizar, para lapidar, para condenar ao azar dun anonimato real ou pretendido, que intoxica todos os ámbitos da vida.
Pero os que temos responsabilidades políticas ténsenos que esixir máis. O Pensamento: esa capacidade ou calidade unicamente humana, permítenos discernir o ben do mal, permítenos posicionarnos no mundo, permítenos, enfin, adoptar unha actitude crítica tamén a nosa propia conduta, a nosa propia responsabilidade. Por que nada do que facemos é inócuo. Toda conduta ten unha consecuencia e, por tanto, unha responsabilidade.
Do devandito, resulta que é moito máis fácil condenar que xulgar, porque xulgar no sentido sinalado, é dicir, PENSAR: require interiorización, introspección, ter en conta os factores en xogo, os antecedentes, asposibilidades, e entón sí, emitir un xuízo.
Cando o artigo comeza co lugar común de que “en Porriño todo é pasar, porque estamos nunha encrucillada de camiños”, non hai xuízo, hai a expresión dun lugar común que nada di, porque non ten en conta o enorme cambio que se produciu desde o advenimiento da democracia, tanto na demografía do noso concello, como no comportamento e o cambio de costumes.
Cando se emiten xeneralidades, afirmando que a “ veciñanza así ou percibe”, para cargarse de razón, realmente resulta desalentador se vén de alguén dequen se espera unha forma de moverse no mundo moito máis sofisticada quequen aqueles a quen critica.
A falta de concreción na abundante casuística da “realidade” de Porriño, enumerada no artigo de opinión, desgraciadamente converte a reflexión de D. Pedro Ocampo, nunha oportunidade perdida para quen ten a responsabilidade de situarse no meollo do que acontece e expresar, sequera levemente, o sinal, a pegada que deixou o seu paso pola política municipal. Con todo, o que deixacomo sorte de testamento é un axuste de contas banal.
Que Eva García de la Torre “sexa de fóra” debe ter un sentido, positivo ou negativo, pero non acerto a comprender por cal deses sentidos decántase o autor. Porque parecese que estamos os de aquí e os estraños, os outros. Os que non son os nosos. Concepto realmente reaccionario que tantas desgrazas procuraron á humanidade.
Do mesmo xeito resaltar o feito de que “ ademas sexa muller”, sen máis argumento, se está a favor ou en contra dese feito, nada din, nada aporta.
Esta indicación do xénero de quen asumiu o reto de asumir a responsabilidade de tomar decisións (equivocadas moitas, seguro, acertadas algunhas) sen máis argumentación, dende logo fai emerxer preguntas de qué pensa o autor que amiña condición de muller podería poñer de bo ou malo na política. Cando menos, a falta de rigor e desenrrolo resulta bastante decepcionante.
Acusar á Alcaldesa de estraña a Porriño pode xulgarse de xenófobo, aínda quea intención non sexa esa. Acusar á Alcaldesa de pouco amable, desde logo écondenar sen argumentos. Acusala de falta de empatía é, igualmente unha condena sen xuízo, é dicir, sen reflexión, en definitiva, sen pensamento.
O anuncio, tamén banal, de abandonar o pleno e as comisións informativas ataque esta Alcaldesa dimita, resulta unha vez máis dunha incongruencia que fai ruborizar a propios e estraños. E se o ruborizo fóra a única consecuencia non tería maior importancia. Pero o resultado de abdicar das súas responsabilidades non é outro que poñer en mans do Partido Popular a facultade de bloquear o funcionamento normal do Concello ao que representamos.
Facer súas as argumentacións do PP, e tomalas coma excusa para pretender desaloxar da Alcaldía a unha muller, allea, extraña, poco amable e poco empática no fai más que facerlle o xogo a dereita.
Ao azar do anterior sempre me rolda pola cabeza un anaco dunha anción deSilvio Rodríguez (…)Y digo que el que se presta para peón del veneno, es doble tonto y no quiero ser bailarín de su fiesta.