Salvemos o castro de A Subidá

Artigo de opinión A Nova Peneira
Pedro M. Cortegoso Gago Artigo Opinión A Nova Peneira
Pedro M. Cortegoso Gago Traballador do Centro de Saúde de Moaña

Estes días comprobamos como, unha vez mais, as administracións públicas son as principais responsábeis da destrución e deterioro do noso patrimonio arqueolóxico. En Marín temos experiencias abondo: aPedrafita bailarina en Curras, amámoa de Pedralonga estragada pola Xunta ao abrir unha pista en Castiñeiras, ou o derrube do edificio do Priorato.

Hoxe o castro de A Subidá está a sofreractuacións que son un atentado ao patrimonio arqueolóxico de Marín, coa escusa da súa posta en valor están transformándoonun miradoiro. 

Trazas de Pontevedraé o nome do proxecto desenvolvido entre a Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento, executado pola empresa murciana Patrimonio Intelixente, SL, para a “musealización” de A Subidá e varios castros mais da provincia de Pontevedra.

E nesta actuación, non só desprezan a nosa historia, tamén desprezano noso idioma coa futura colocación duns paneis informativos nos que será protagonista o idioma do imperio, e o galego, xunto co inglés, terá un espazo residual. Patético tamén é ver unha louxa coa verba inglesa “LOOK” gravada, nun exercicio ridículo de modernidade paleta.

Esta iniciativa conxunta bendicida por patrimonio da Xunta de Galiza ten como obxectivo“por en valor os xacementos arqueolóxicos galaico-romanos da provincia”. Porén, o que pretendía ser unha actuación para “musealizar e por en valor” é en realidade un atentado, unha actuación salvaxe sobre uns xacementos que resistiron o paso do tempo e que hoxe vense profanadospor dúas administracións,co consentimento e visto bo do goberno da Xunta de Galiza.

Foi o mesmo goberno que, o 26 de novembro do 2019 da man da Directora Xeral na comisión de Patrimonio Cultural, respondeu ás preguntas do BNG sobre o proxecto afirmando que “a Consellaría de Cultura velaría polo respecto á legalidade e á protección do patrimonio cultural”. Xa se ve como entenden estes burócratas do Partido Popular a protección dos nosos verdes castros.

Toiriz en Silleda, A Subidá en Marín e Alobre en Vilagarcía son os castros que nesta primeira fase van ser sacrificados e transformados en “parques temáticos”. Chantando neles uns petoutos pétreos de cor branca e unhas picas metálicas de deseño, abrindo con escavadoras camiños para despois pavimentalos, e enchendo o entorno de plantas de cores alleas ao entorno natural. Todo moi “chic” e moi moderno. 

Estamos ante un proceso de estandarización dos xacementos arqueolóxicos.Non vai haber diferencia entre eles, será o mesmo ir a un ou a outro, van ser clonados por Patrimonio Intelixente. Todos coas mesmas pedras, coas mesmas flores e cos mesmos sendeiros. Todos idénticos.

Esa forma de poñer en valor (expresión moi de moda) o noso patrimonio, xa sexa arqueolóxico ou doutro tipo, é propia de irresponsábeis políticosque só pensan no rédito económico e político. O económico para a empresa “amiga”, o político para eles mesmos por que vendendoeste tipo de obras pensan que poden obterbenefícios electorais.

Debemosreverter esta desfeita e evitar as que virán. O proxecto Trazas de Pontevedra ten continuidade, a pretensión da Deputación e do Ministerio é seguircoa estandarización dos castros da provincia de Pontevedra. E non podemos consentir que se desvirtúe o noso pasado, que se esfarele o noso patrimonio. Un patrimonio que temos o deber de conservar.

Marín, 7 de decembro de 2020