Salvaterra, Comunal Chan da Ponte

Salvaterra, Comunal Chan da Ponte
Antón Lorenzo González Saque
Antón Lorenzo González “Xaque”

Hai anos que veñen sucedendo cousas no Monte Comunal de Salvaterra, que non deberían suceder nunca, (véxase A Peneira 1ª outubro 1990).

Vai por diante que os Montes Comunais son INDIVISIBLES, INALIENABLES, IMPRESCRIPTIBLES e INEMBARGABLES, é dicir, non se poden dividir,non se poden vender,sempre conservan o seu carácter de comunaise tampouco se poden embargar. (Lei de Montes 31/1989 e Lei de Montes 2012).

Dito isto, hai que lembrar que:

1º.– As Normas Subsidiarias polas que se rexe urbanisticamente o Concello de Salvaterra de Miño, contemplan claramente a existencia do Monte Comunal Chan da Ponte, cunha cabida de 367.500 m2.

Calquera pode observar como ese Monte Comunal está en grande parte, vendido en parcelas a distintas empresas, inclusive a día de hoxe, hai parcelas que están á venda ofertadas por inmobiliarias.

Con enganos, malas artes e peores cómplices, primeiro lograron afastalo da clasificación e máis tarde comezaron as vendas. Hai nomes e apelidos.

Como é posible que sucederá isto?. Dito monte está inscrito dende os anos 50, a nome do Concello no Rexistro da Propiedade, igual que o resto dos Montes Comunais de Salvaterra de Miño. A Lei fala nos seus casos de, “xestión cautelar pola Administración”, pero endexamáis permite vender.

U-la responsabilidade das distintas Administracións, Local e Autonómica, de preservar os Montes Comunais?. E os Notarios, e os Rexistradores?

Cabe a posibilidade de que esteamos ante un caso de “presunto delito” de prevaricación administrativa continuada?

De momento a Comunidade de Montes Veciñais de Salvaterra, vímonos obrigados a presentar a primeira demanda reivindicativa dunha parcela, confiamos que coa Lei na man, co informe histórico contundente e co informe técnico incontestable, nos dean a razón. Só é o principio.

2º.-Nesas mesmas Normas Subsidiarias, onde falade Industriacategoría 3ª, no apartado 3. 4. 2. 3.- Condicións, especifica:

“Ademais das condicións de uso, volume e Ordenanzas da zona en que se sitúen, cumprirán coa normativa en materia de industria. En particular, aquelas que poidan causar molestias á poboación e ao medio ambiente, en especial…”. “Con todo, aquelas que estivesen legalmente instaladas no momento de entrada en vigor das presentes Normas Subsidiarias poderán aumentar a superficie edificada, destinada a industria, no mesmo solar que ocupan…”. “Non se admitirá en ningún caso a ampliación sobre terreos adquiridos con posterioridade á data indicada, nin sequera para a súa utilización como patio ou almacén de materiais.”

No Monte Comunal existe unha empresa moi coñecida, dedicada a transformación de grandes bloques pétreos, cuxos responsables converten en papel mollado estas Normas Subsidiarias, porque:

Están traballando dende fai anos fora do solar que lles corresponde. Teñencortado o camiño de servicioás distintas parcelas dos montes chamados Queimados e Vasco de Puga, estano utilizando industrialmente, incluso instalaron un guindastre ponte. Os veciños non poden utilizar o camiño.

Como consecuencia desta actividade, amorean nas parcelas de monte privado que foron comprando, miles de toneladas de refugallos de pedra,causando un problema medioambiental de considerable magnitude.

Utilizan camiños de montes privados para actividades industriais, incluso teñen ocupada con bloques de pedra outra parcela de Monte Comunal que non foi vendida.

U-la a responsabilidade das distintas Administracións, local e autonómica, a pesares das reiteradas denuncias?. Miran para outro lado?. Fan que fan, para que todo siga igual?. 

Eu pregúntome se pode ser este outro caso de “presunto delito” de prevaricación administrativa continuada?

A ver si temos sorte e chega este chío a mans da Fiscalía Provincial e de paso se interesan polo asunto.

Salvaterra de Miño a 8 de decembro de 2020