A dor allea non nos debe ser indiferente

Artigo de opinión A Nova Peneira
Celso Posada Fernández. Diplomado
en Maxisterio de Educación Primaria pola UDC e Activista Social

Vivimos tempos de salvaxe dictadura do capital, de hexemonía do neoliberalismo no que cada día se concentra máis e máis a riqueza,os privilexios e o poder nas mans dunha minoría privilexiada a costa do recorte dos dereitos, da dignidade, dos salarios da clase traballadora e das maiorías sociais e todo isto é debido a decisións políticas tomadas por organizacións políticas e por gobernos actúan como esbirros e lacaios e como o brazo executor das políticas neoliberais e de salvaxes recortes dictadas o servizo das élites económicas e financieiras e das grandes trasnacionais.

Ante isto e ante o perigoso e preocupante avance da ultradereita e o fascismo tanto no estado español, como na Europa e no mundo toca organizarse social, sindical e políticamente, dar a batalla cultural e ideolóxica dende unha pedagoxía democrática e antifascista, crear comunidade e moverse polos principios e valores do apoio mutuo, da
solidariedade internacionalista, pola empatía e pola colectividade construída dende abaixo e de forma transversal e democrática.

Hai que dar unha resposta política e loitar fronte os valores neoliberais como son: o individualismo salvaxe, o consumismo exacervado de bens innecesarios e a competitividade extrema e de fomentar valores como son : os do compañerismo, a igualdade, a solidariedade, a colectividade e loita polo ben común e pola defensa do público, da democracia e das liberdades tanto colectivas como individuais.

Non hai democracia cando a riqueza e o poder están concentrados nunha plutocracia que vive a todo luxo a costa do recorte de dereitos, dos salarios, da dignidade e da liberdade da clase traballadora e das maiorías sociais.

Toca pasar a acción política e o compromiso social e político que a cidadanía e a sociedade civil se organicen en todos os ámbitos(socialis, políticos, culturais, veciñais, sindicais, estudantís )tanto dende os movimentos sociais, como nas asociacións culturais, veciñais, no movemento ecoloxista, feminista, nos sindicatos de clase, nas plataformas na defensa da sanidade e do ensino público, na defensa
das pensións e dos servizos públicos, nas PAHS e Stop Desafiuzamentos, nos centros sociais , nas radios libres e comunitarias, nas organizacións políticas de esquerdas.

Son tempos nos que as nosas liberdades e os nosos dereitos están seriamente ameazados pola ultradereita e por organizacións políticas racistas, machistas, clasistas, fascistas, lgtbifóbicas que enfrentan o último co penúltimo pra defender os privilexios dos seus amos a élites económicas.

Non deixemos que a resignación, a apatía, o medo, a represión nos desmovilicen e nos hagan persoas egoístas, individualistas e alleas o sufrimento, a dor e as inxustizas alleas xa que nos afectan directamente tamén a nós mesm@s xa que MORREMOS CANDO

GARDAMOS SILENCIO FORNTE AS INXUSTIZAS.

ANTE ELAS EMPATÍA, SOLIDARIEDADE, COLECTIVIDADE, COMUNIDADE, APOIO
MUTUO, LOITA, ORGANIZACIÓN E MOBILIZACIÓN COLECTIVA