
Santiago de Compostela, 9 de Decembro do 2020.
A Asemblea Republicana Galega constituíuse recentemente a través do traballo conxunto da Plataforma Galega pola Terceira República, o PCE (m- l), o PCPE, Cedeira pola Esquerda, o Colectivo Republicano Saúde e República da Coruña, o Colectivo Republicano de Redondela, e persoas a título.
individual, co obxetivo de crear unha alternativa unitaria pola República.
No mes de outubro do 2020 xurdiu en Galicia a Asemblea Republicana Galega. Motivados pola búsqueda dun cambio social necesario para dar un xiro radical á actual crise económica e institucional orixinada no 2008 polo capitalismo financeiro, agudizada a mesma pola Covid19. Para a nosa Asemblea, as privatizacións supoñen agora máis que nunca a total carencia de medios nos hospitais, nos centros educativos, nas administración pública etc. Outra vez os máis perxudicados volvemos a ser nós, a maioría traballadora, xa que mentres a oligarquía acumula ganancias, somos nós os que temos que traballar a costa da nosa saúde e en condicións moita
veces propias de tempos de de escravitude.
Debandita situación non é nova, a oligarquía sempre apoiouse no sistema para sacar beneficio, e no Estado Español a Monarquía é o piar que a sustenta. Polo tanto, derrocala, é un dos principais obxetivos que debemos acadar para mudar un sistema, que evidentemente, sométenos á pobreza.
A Asemblea Republicana Galega aspira a derrubar o Réxime do 78 imposto e a construír un programa político unitario, unificando toda iniciativa republicana, acumulando forzas e enfrontando a tarefa de construír unha República do Pobo, coma un muro anti-oligárquico e antifeixista.