Logo do 2.021, Qué?

Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira
Manuel Alfonso Estévez

Xa sabedes que non me gusta nin as datas nin as épocas. E nesta nova normalidade, é sen dúbida algunha outra época. Todo supeditado o ditoso virus, a saúde, a educación e a economía. Por esta razón, as xentes e institucións afinan os protocolos para poder seguir, na medida do posible, coas actividades cotiás.

Como denominar o ano 2.021? Cuestión moi complexa. Vamos a ver: Unha árbore talada,ten axuda dos seus compañeiros que alargan as súas raíces para mandarlle auga, azucre, e outros nutrientes. As acacias,se defenden, e unha proba a temos na que está diante da capela Santa Rosa, no rueiro do Casco en Fornelos da Ribeira, que non sabemos cantos anos ten. A peñeiro nai, da sombra a árbore xove, para que non creza abruptamente. Algo que tamén ocorre coa especie humana. No caso da peneiro nai, ten a seguinte lóxica: O crecer con rapidez implica que as células teñan mais ar e no futuro, a pobre árbore, teña problemas para defenderse dos ventos fortes e depredadores famentos. O noso Carballo, ten mecanismos de defensa ante as eirugas, e demais ataques, como lle pasou a Carballeira de As Fraguiñas, en Fornelos da Ribeira, en diversas ocasións. Sobre estes feitos descansou para nós, o Ano 2.021.

Todos estes sucesos son asombrosos e para moitos científicos foi o Micelio, unha parte vexetativa dos fungos que permite cultivar materiais innovadores sobre materia vexetal e substratos orgánicos que a xente ignora, asociados a algo noxento.

Por outra parte, lin non fai moito, de que un oficial xaponés perdido no ano 1.944 en Filipinas, loitando, non estando claro contra quen, pasara anos e anos pensando que a guerra continuaba ata que Por fin! Se convenceu de que todo había terminado.

Sorprendido me quedei polo tempo perdido, loitando contra un inimigo inexistente; sen embargo, ideas que xa non serven – proteccionismo, nacionalismo, comunismo, etc., persisten na mente dos nosos políticos, da mesma forma que o xaponés coa súa loita imaxinaria. E parece que vai a continuar neste próximo ano.

O virus que vai para serio, pregunto: Si os bancos, sempre se dedicaron a controlar o diñeiro, Por que non financian bonos sociais a tipo de interese negativo para axudar a combatelo?

Os paraísos fiscais, siguen campando as súas anchas, sen que ninguén lle pare os pes.

O cambio climático e o Covi-19, como unha broma, aquí está.

A transparencia pública aínda non lle chegou a súa oportunidade.

A conclusión mais repetida para este Ano 2.022,é a construción dunha economía verde dixital, porque hai que reconstruír e axudar. O que se está a facer non serve para este ano 2.022, e hai que pasar do que facer, a “o como facer” para que efectivamente sexa facer.