Cando encaramos o último ano dos gobernos municipais, considero que é un bo momento para facer unha análise do que está a acontecer dun xeito particular en Forcarei.
Compre lembrar, que no ano 2019, unha alianza de perdedores, propiciou o cambio en Forcarei; foron escasamente 15 votos os que nos impediron, ao PP, revalidar a maioría absoluta, e como non podía ser doutra maneira, o Psoe e o Bng, aproveitaron para acadar o que a veciñanza lles negou nas urnas: a Alcaldía de Forcarei.
Tres anos despois estamos en condicións de afirmar con rotundidade que o cambio foi para peor, que os veciños de Forcarei, perderon con este cambio, e que cando ata o 2019, vivían nun Concello onde se respectaban escrupulosamente as normas de xestión, hoxe, viven nun Forcarei cunha política e unha xestión totalmente degradadas.
Vemos con preocupación, como por terceiro ano consecutivo, o Goberno Local de Forcarei non foi quen de aprobar ningún orzamento , e segue a rexerse polos elaborados e aprobados polo PP no ano 2019, que ao estar prorrogados, impiden que se destinen a totalidade dos nosos recursos á mellora do noso territorio; a maiores, no eido económico, vemos como cando antes se aboaban as facturas aos provedores aos poucos días de presentalas, hoxe o Concello tarda ata 50 días en cumprir coas súas obrigas, o que supón un incumprimento grave da Lei de Estabilidade Orzamentaria e o que é máis importante, un grave prexuízo para os pequenos empresarios e autónomos que en moitos casos mesmo viven no noso concello. Este desastre de xestión leva por exemplo ao disparate de que cando xa encaramos o final do curso escolar, o Concello aínda non pagou as axudas ao estudio tan necesarias para as familias nuns tempos tan complicados como os actuais. E todo elo, nun Concello que en xuño de 2019 tiña xestión económica impecable cun remanente de case 2 millóns de euros.
Así mesmo, vemos como servizos tan fundamentais para nós, como son os Servizos Sociais, están totalmente desatendidos, pois non se prioriza a contratación dunha persoa para substituír á Traballadora Social que acumula xa, moitos meses de baixa.
Pero como dicía, non só a xestión se resinte no noso Concello. O debate político, que debe garantir o benestar dos veciños, está a sufrir as consecuencias devastadoras dunha Alcaldesa que esquiva, repetidamente a Lei de Transparencia ao non convocar os Plenos, piar básico da democracia, ou ao impedir a fiscalización da oposición negándolle o seu dereito ao acceso á documentación e tamén á veciñanza. Se ve que non lle gusta que se vexan os papeis do Concello. Todo elo, levouna xa a recibir varias advertencias da Valedora do Pobo, que parece que a esta Alcaldesa, que se cree por encima da Lei, lle vale de pouco. E todo elo, co absoluto respaldo do Concelleiro do BNG, que apoia sin fisuras este claro atentado aos dereitos dos veciños de Forcarei. Os grupos da esquerda piden democracia e transparencia, pero para os demais, cando teñen que gobernar e xestionar eles, xa non é tan importante . O realmente importante, custe o que custe é manter o sillón.
Posiblemente, esta situación foi a que levou a Verónica Pichel a atoparse practicamente soa, tal e como se extrae da non existencia de Tenentes de Alcalde. A falla de confianza entre eles mesmos, fixo que Pichel tamén saltase a Lei neste caso e 3 anos despois, segue sin nomear esta figura, a pesares de que nas Redes Sociais do Concello, si que falan de un Tenente de Alcalde, a verdade, é que non existe, pero ben, é outra mentira ou manipulación de información que se dá nesta canle de comunicación municipal, que logo de tres anos, se converteu nunha ferramenta máis ao servizo do Psoe de Forcarei.
Eles mesmos, son conscientes de que non deron a talla, de que non estiveron ao lado dos veciños cando os necesitaron, de que Forcarei, foi o único Concello da contorna que non axudou aos empresarios a paliar as consecuencias da pandemia, e é por elo, que nesta recta final do mandato, vemos unha ansia desordenada de facer o que non se fixo nos tres anos anteriores. Estou segura, de que a economía do Concello, se vai resentir, como tamén estou segura de que logo do 28 de maio de 2023, aínda aparecerán facturas nalgún caixón, e aínda o Concello terá que responder polas ilegalidades nas que Verónica Pichel, está a incorrer; pero nós deixamos un Concello moi forte, que volverá á senda da verdade. do rigor e da transparencia, e sairemos deste burato no que nos están a meter. E ese é o meu compromiso: a volta á xestión transparente e dirixida única e exclusivamente ao benestar de todos e cada un dos nosos veciños.
Belén Cachafeiro Anta,
Voceira do Grupo Municipal do Partido Popular de Forcarei