

Marín, 3 de xuño de 2022
Cando xa van máis de tres meses de guerra na Ucraína, e Rusia parece que está acadando os seus obxectivos militares, os medios de comunicación comezan a prestar menos atención ao que alí acontece. A predición da inminente derrota de Rusia que aventuraban comentaristas, tertulianos e dirixentes políticos non se está a cumprir.
Pasada a euforia dos primeiros días e vendo que os intentos de censurar o que realmente estaba pasando, de tapar as barbaridades nazis que fan os nazis ucraínos e mercenarios de outros países, pode ser bo momento para valorar como nos afecta este conflito e as decisións que están tomando os gobernos da UE.
As sancións económicas baleiran os nosos petos.
As sancións contra Rusia que xa van pola súa quinta ou sexta edición non están facendo efecto nese país, pola contra estamos vendo como na UE os prezos dos produtos básicos e dos combustíbeis non paran de subir.
A Unión Europa trabúcase ao sumarse ao enfrontamento con Rusia e xa estamos vendo como a súa economía comeza a resentirse ao renunciar ao gas e ao petróleo ruso só para satisfacer as demandas dos EEUU, sen importarlle o sacrificio da poboación.
O futuro non pinta moi ben e temos que prepararnos para novos incrementos de prezos e recortes de servizos públicos, nós imos pagar as sancións para manter a taxa de ganancia do capital.
Imponse a censura, imponse o discurso e o pensamento único.
Sen que Rusia declarara a guerra a ningún país da UE e sen que ningún país da UE declarara a guerra a Rusia, vemos como se toman decisións que recortan o noso dereito a libre información e á liberdade de expresión.
Da noite para a mañá os gobernos dos países da UE impuxeron a censura previa sen ningún tipo de decisión xudicial, saltándose sen ningún tipo de rubor e co aplauso xeral do “stablisment político” a constitución española.
Agás algunha voz discrepante o conxunto dos partidos políticos e dos medios de comunicación públicos e privados impuxeron o relato ditado desde Washington. Hoxe é imposíbel distinguir un medio de comunicación de outro no tema de Ucraína, todos din as mesmas mentiras, todos publican vídeos falsos ou traducen mal as persoas que fan declaracións sobre o conflito.
Por se isto non fora abondo decidiron prohibir as emisións de Russia Today e Mundo Sputnik para que non poderamos comparar outras versións do que acontece.
A censura tamén chegou á Internet onde as grandes redes sociais privadas coma Facebook e Twitter clausuran contas que non se apuntan ao relato oficial.
O obxectivo de todo isto é que teñamos unha única versión do que acontece, a versión imperialista. Todos os medios públicos e privados de “occidente” repiten as mesmas consignas, as mesmas noticias manipuladas, as mesmas mentiras. Só podemos oír uha voz, a voz de sempre, a que nós chega do outro lado do Atlántico. Os EEUU impoñen o seu relato.
E con esta censura pretende agochar o que pasou estes anos no Dombas. Un golpe de estado promovido por EEUU na Ucraína e a imposición dun goberno ditatorial que pretendía eliminar a lingua e a cultura rusa e servir de instrumento de desestabilización buscando o enfrontamento con Rusia. Un goberno que bombardeou indiscriminadamente á poboación civil co beneplácito dos EEUU e a Unión Europea.
Menos liberdades e máis gastos militares.
Porén, os gobernos da UE están sacando a careta e deixando ver que o enramado institucional que nós venden como garda das esencias da democracia é mentira. A UE foi e é un proxecto autoritario, subsidiario dos EEUU, ao servizo do capital e contra os intereses dos pobos.
As sancións contra Rusia son sancións contra nós, contra os pobos que padecemos o incremento especulativo dos prezos dos produtos de primeira necesidade e dos combustíbeis. Tamén somos os que imos padecer o incremento do gastos en armamento a costa do gasto social, da sanidade, da educación, etc.
Os EEUU levan anos preparando esta guerra coa finalidade de facer desaparecer a Rusia. Para que tiñan os EEUU 30 laboratorios clandestinos de armas biolóxicas, para que armaron e entrenaron aos batallóns nazis que aterrorizan Ucraína, para que querían dotar a este país de armas nucleares? Ucraína é un xoguete en mans dos intereses ianquis para acosar a Rusia e Bielorusia, un xoguete que non teñen problema en sacrificar para levar o caos a esa parte do mundo como xa fixeron en Irak ou Libia.
Hoxe é Rusia, onte foron Corea, Vietnam, Cuba, Nicaragua, Venezuela, Irak, Afganistán, Libia, Siria…, mañá será China, o obxectivo final do imperialismo Ianki.
Con esta guerra o que está en cuestión e a configuración do mundo, e temos que escoller. Queremos un mundo unipolar onde os EEUU impoñan as súas condicións ou queremos un mundo multipolar onde cada nación poida decidir libremente o seu destino?