Asemblea e manifestación da afiliación da CUT na Citroën

Cut central unitaria de traballadores citroën

Ante o agravamento da situación actual da crise de aprovisionamento que está a afectar o centro de Vigo, a CUT xa tiña convocada unha asemblea de afiliados/as para analizar a situación para o día de maña Mercores 9 as 10:30h. Unha vez rematada a asemblea tiñamos tamén convocada unha manifestación que percorrerá o centro de Vigo que sairá as 11:30h do cruce de Urzaiz con Vía Norte, e que rematará as 12:30 cunha concentración diante das portas do edificio administrativo da Xunta de Galicia.

Por se fora pouco a situación do centro que tiñamos que analizar, no día de hoxe a empresa comunica a eliminación da 4ª quenda do fin de semana do S1.

O abuso da contratación a tempo parcial multiplica o problema, e mais o deixalos exentos da aplicación do ERTE ata moi entrado o mesmo, que neste arranque de ano, non so non van a chegar so SMI na maioría dos casos, se non que van a quedar por debaixo do mesmo, creando unha situación social i económica de extrema gravidade social. Lembramos que xa foron duramente golpeados a consecuencia das paradas produtivas do ano anterior

Temos que lembrar, que hai escasamente dúas semanas, o grupo facía públicos uns beneficios de 13.400 Millóns de € que foi un 179% superior o do ano anterior, a pesares da situación de falla de semi-condutores e falla de aprovisionamento, e paradas continuadas do centro.

Todo isto sucede gracias a pasividade das administracións que teñen a responsabilidade da vixilancia e o control para que se respecte a legalidade, permitindo o uso e abuso da “forza maior” e dos ERTE como argumento para unha crise xa coñecida e que no caso da planta de Vigo ven afectándonos dende o mes de febreiro do ano 2021, que debera buscar un maior equilibro das cargas de traballo, e non producir sen limites meses, para despois parar actividade outros facendo das persoas traballadoras simples mercadorías.

Para a sociedade en xeral parece que a gran prexudicada é STELLANTIS, pero despois dos resultados queda claro que somos as persoas traballadoras o ver que os nosos ingresos cada ano descenden, cunha inflación disparada.

As 12:30 celebraremos unha rolda de prensa na porta principal do edificio administrativo da Xunta de Galicia, para dar a coñecer a situación actual do centro, e as medidas que sindicalmente imos a adoptar de cara a futuro.