A Xunta de Galicia segue sen publicar o convenio colectivo de Stellantis Vigo, a pesares das modificacións nos textos que se realizaron polos asinantes da mesa negociadora coa única oposición da CUT, que foron remitidas de novo ao organismo público.
Segundo lle consta a CUT segue sen publicarse o convenio colectivo de Stellantis Vigo porque a pesares das modificacións realizadas polos asinantes (que non se fixeron de todo o requirido pola Xunta de Galicia) , existen redaccións que parece ser aínda non se axustan a legalidade vixente, e o mais controvertido é o de poder modificar os horarios de traballo dentro da mesma xornada, que vai en contra do real decreto lei que vai anexamos ao presente correo, e subliñado en verde o que consideramos entra en colisión co novo texto do convenio.
Incluso coa contratación a tempo parcial existente no centro que, afecta a case o 50% do total da plantilla, merecería unha reflexión mais amplía non solo do novo convenio, se non dos acordos que emanan do mesmo.
Igualmente sucede co plan de igualdade que emana do convenio acordado entre as partes asinantes, que establece 3 meses para dar contestacións as solicitudes de conciliación, cando a lei establece 15 días, e que tamén a CUT non lle consta este publicado i entendemos e regresivo e vai en contra da lexislación actual.
En base o anterior, e observando que a día de hoxe esta ‘‘atascado’’ a publicación do novo convenio, e que o mesmo pode entrar en colisión algúns artigos coa lexislación vixente, vimos de solicitar unha xuntanza co Xefe Territorial da Xunta de Galicia para o tratamento especifico desta cuestión.
A administración debe facer fronte as irregularidades, e non pode manter o silencio administrativo como vía de escape para non afrontar a súa responsabilidade, ou publicar un convenio que pode contravir a lexislación que parece pode ser o camiño que colla para evitar confrontar con Stellantis Vigo.
