Encontro para o emprego e o emprendemento

Encontro integración empleo

O acto celebrado o xoves 21 de abril de 2022 no Pazo de Santa Teresa, en Redondela contou coa presenza da Directora Xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado Lago.

A Directora Xeral de Formación e Colocación,  Zeltia Lado Lago, que participou no acto de clausura deste encontro, destacou os distintos programas de apoio da Xunta de Galicia, especialmente en canto ao apoio ao emprendemento e resaltou a importancia da formación e cualificación para a mellora da empregabilidade. Na clausura de este acto tamén estivo presente o presidente da Asociación de Empresarios, Enrique Lago Granada. Na súa intervención agradeceu a confianza e o apoio económico recibido, por segundo ano consecutivo, da Xunta de Galicia e destacou a importancia do desenvolvemento deste tipo de programas para fomentar e reter talento local en pro das empresas xa que a maior cualificación dos candidatos  é determinante para que as empresas acaden  maiores niveis de produtividade e rendibilidade. Pero tamén a mellora da empregabilidade e a inserción dos usuarios supoñen unha maior renda dispoñible que redunda no consumo local, vital para a viabilidade dos pequenos comercios da localidade e facer sostible o modelo de vila comercial e de servizos que é actualmente o centro comercial aberto de Redondela.


Durante o encontro realizaronse distintas ponencias e obradoiros, nos que se traballaron as habilidades sociolaborais (soft skills) e contou co presenza de formadores do programas. Neste encontro os usuarios teñen a ocasión de coñecer aos formadores e os distintos enfoques de cada un, podendo valorar eles mesmos que formación lle son de maior interese fomentado a súa autonomía na elaboración dos seus itinerarios formativos.

Ademáis no encontro nos nutrimos de distintas experiencias:

Como exemplo de emprendedora local participou Beatriz Domínguez, xerente de Gesdom nos relatou a súa experiencia de emprendemento.  Actualmente, Beatriz é a responsable dun PAE privado de Redondela. PAE é rede de Puntos de Atención ao Emprendedor (PAE) regulados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo encárganse de facilitar a creación de novas empresas, o inicio efectivo da actividade e o seu desenvolvemento, a través da presentación de servizos de información, tramitación de documentos, asesoramento , formación e apoio ao financiamento empresarial.

Experiencia dos usuarios da pasada edición: no encontro déronse cita algúns dos usuarios da pasada edición que tiveron a ocasión de contar a experiencia e dar algúns consellos ao usuarios desta edición 2021/2022.