Proxectos ao abeiro da Rede Ágora

proxectos ao abeiro da Rede Ágora Mondariz

Mondariz dá pasos para promover a mobilidade amable no centro urbano

Mondariz, 15 de xullo de 2022

Aprovéitase unha subvención da Deputación de Pontevedra pararedactar un proxecto de recuperación de espazos públicos para aspersoas e solicítanse outras catro subvencións de diferentes liñas doPlan Ágora para sentar as bases dunha modernización dasinfraestruturas municipais.

Mondariz é un dos 54 concellos da provincia de Pontevedra que integrana rede Ágora, unha iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedranos últimos anos para promover a recuperación do espazo público paraas persoas. Ademais de participar activamente nas actividades formativasda rede Ágora, articuladas na denominada Facultade Ágora, o Gobernomunicipal está aproveitando as diferentes liñas de subvención desteplan para sentar as bases dunha profunda modernización dasinfraestruturas municipais. O ano pasado solicitou con éxito unhasubvención para a redacción de proxectos de recuperación de espazospúblicos para as persoas e a creación de sendas peonís e/ou ciclablesno ámbito municipal, por valor de 50.000 euros, sendo un dos concellossolicitantes con maior puntuación na avaliación final de propostas.Este ano, ademais de licitar e poñer en marcha este proxecto, vén desolicitar outras catro subvencións para mellorar a mobilidade urbana.

 O obxectivo do Plan Ágora é que os concellos da rede incrementen dexeito substancial o espazo reservado ás persoas, cumprindo unha seriede principios que están na base da mellora da calidade de vida, comoconsiderar o espazo público como un dereito, dar prioridade áspersoas, fomentar unha mobilidade inclusiva que tamén teña en conta asmobilidades alternativas, garantir a autonomía infantil en espazosseguros, cun hábitat saudable. Esta filosofía está orientada a crearespazos amables, de calidade, que promovan unha actividade económica deproximidade.

 “Polo momento, estas subvencións permiten financiar a redacción deproxectos. Aínda que teñamos que agardar certo tempo para verresultados, esta etapa de redacción de proxectos técnicos é moiimportante porque senta as bases de futuros desenvolvementos quemarcarán a modernización das infraestruturas municipais, buscando unhahumanización do espazo público”, sinala Xosé Emilio Barros, alcaldede Mondariz.

Os catro proxectos solicitados recentemente, no marco do Plan Ágora daDeputación de Pontevedra, están relacionados coa rede de servizosmunicipais, como as infraestruturas de comunicación, abastecemento deauga e saneamento. Afectarían á praza de Merouces, no centro urbano deMondariz; ao barrio do Ceo, na parroquia de Mondariz; á praza do barriodo Couto, na parroquia de Lougares; e ao torreiro da festa, na parroquiade Sabaxáns.

 “Coa redacción destes proxectos técnicos poderemos afrontar obrasimportantes nun futuro. É o primeiro paso. Cando un está no Gobernomunicipal ten que pensar a longo prazo, con valentía e confianza.Soamente así, cunha estratexia clara de modernización deinfraestruturas e servizos públicos, é posible recuperar a vitalidade dun concello como Mondariz”, conclúe Barros.