Celso Posada Fernández
Diplomado en maxisterio de educación primaria pola UDC e activista social
Vindeiro Domingo 25 de Septembro cúmprense 40 anos da Fundación no Frontón de Riazor da Coruña do Bloque Nacionalista Galego( BNG)
Dende Ferrol quero darlle os parabéns a o BNG polo seu aniversario e a tod@s @s seus militantes e simpatizantes.
40 anos na Defensa dos dereitos nacionais, sociais e políticos da Galiza , da nosa língua o galego, dos dereitos das clases populares galegas.
40 anos na defensa do Ensino Público Galego, da Sanidade Pública Galega e dos servizos públicos
40 anos comprometidos na loita feminista e ecoloxista e polo dereito de autodeterminación dos pobos a decidir democráticamente o seu futuro.
40 anos de Nacionalismo Galego Organizado e loitando sen descanso por construir unha Galiza Soberana
40 anos e os que virán contribuíndo a construir un sindicalismo nacionalista galego e de clase como ferramenta política e sindical na defensa dos intereses de clase do pobo traballador galego.
40 anos de compartir loitas xunto os movimentos sociais, o movimento feminista , ecoloxista, polas pensións públicas, etc.
40 anos de compromiso político, de dignidade, de activismo político, sindical, cultural de milleiros de persoas militantes, activistas do BNG que entregaron e entregan a súa vida diariamente pra construir unha Galiza dona de sí , libre e soberana,
Orgulloso de militar e de compartir loitas, militancia, activismo e compromiso político xunto @s compañeir@s do BNG.