Mes: Outubro 2022

Da inflación á estaflación

A actual crise de prezos non é un problema conxuntural na UE, senón que é xa un problema estrutural da economía da eurozona. Os últimos datos de Eurostat referidos ao mes de setembro non deixan lugar a dúbida: un 10% de inflación interanual na eurozona (a maior suba de prezos de toda a serie histórica) e unha inflación subxacente (a que exclúe enerxía e produtos frescos) que se situou na tamén cifra récord do 4,8%

Ler máis

Non ao acoso

Ante a persistencia e aumento actual de casos de bullying en nen@s  que volven marcar a actualidade da nosa sociedade, onde varios rapaces foron vítimas de episodios lamentables de humillación e acoso, citar por exemplo que nun deles outros rapaces da súa idade se burlaban dun neno de once anos nun episodio que debería ser alegre,  xa que durante a celebración do seu aniversario transformaron o tradicional cántico de Feliz Cumpreanos nunha letra ofensiva por ser un neno con quilos de máis co agravante neste caso de que esa humillación foi gravada cun móbil.

Ler máis