Ano: 2022

Os encantos de Fornelos de Montes

Neste contexto pandémico, no que a incerteza de non saber se mañá estaremos en disposición de manter a normalidade bate nas nosas almas como se os 60 minutos de cada hora fosen 60 agullas chantadas no corazón, non hai mellor analxésico para a nosa saúde emocional que mergullarnos nas fragas , camiños e corredoiras do paraíso natural que é un dos concellos máis bonitos do mundo, e que está a carón das nosas casas: Fornelos de Montes

Ler máis

A mirada de Conchi

A medida que pasan os anos e os camiños da memoria comezan a ocupar máis espazo na alma cás ilusións polo futuro, tendo a lembrar as luces máis intensas e as sombras máis escuras dos distintos episodios da miña vida. Normalmente este tipo de situacións acontecen, igual que a calquera persoa, impulsadas polo mecanismo psicolóxico da asociación de ideas, que é un recurso da nosa imaxinación que leva á nosa mente ideas semellantes , ou que teñen algún tipo de relación, co que estamos a vivir nun momento concreto. E un episodio lamentable, que coñeciamos polos medios de comunicación nos primeiros días deste ano, trouxo á miña mente un feito vital persoal do que non estou especialmente orgulloso: a mirada de Conchi

Ler máis