Cerdedo, 25 de xaneiro de 2023
Representantes da plataforma Cerdedo pola Sanidade Pública reunímonos hoxe co alcalde e a tenentede alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela e Lourdes Ovelleiro. Esta é a primeira reunión conrepresentantes políticos do concello, que nas próximas semanas se completarán con xuntanzas conrepresentantes dos grupos municipais do PSOE e do BNG. A intención deste ciclo de reunións é a dedar a coñecer a plataforma veciñal e as nosas reivindicacións de maneira directa, así como solicitarapoio e compromiso para a súa consecución por parte da institución municipal e de todos os grupospolíticos.
A xuntanza mantida hoxe serviu, polo tanto, para que o goberno municipal coñeza de primeira man asnosas demandas básicas: a garantía de atencion médica todos os días no horario normal de mañá,recuperando plenamente o nivel de atención presencial previo á Covid 19; a recuperación do servizo dePediatría e de Matrona en Cerdedo; a mellora do servizo de transporte dos/as médicos/as a domicilio encaso de urxencia; ou a consecución dunha ambulancia medicalizada para a nosa zona.
Por parte do alcalde, déronse a coñecer as súas xestións ante o Sergas en materia sanitaria e foronrecollidas as demandas veciñais co obxectivo de defendelas ante a Consellaría de Sanidade e o Sergas,convocándonos a novas reunións para informarnos dos resultados da súa actividade.
En segundo lugar, esde Cerdedo pola Sanidade Pública informamos da nosa participación namanifestación galega en defensa da sanidade pública que terá lugar o próximo 12 de febreiro enCompostela, mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública á que recentemente seincorporou o noso colectivo coa intención de fortalecer a loita contra o deterioro do sistema sanitariopúblico; un deterioro que, como vemos todos os días, é un problema xeral e non exclusivamente local.
Neste sentido, consideramos un reflexo do grande descontento social causado por esta precarización dasanidade pública as máis de 1250 asinaturas recollidas en escasas semanas pola nosa plataforma enapoio da Iniciativa Lexislativa Popular impulsada por SOS Sanidade Pública en defensa do sistemasanitario público galego, unha iniciativa na que contamos co apoio das farmacias de Cerdedo, Soutelo eForcarei e de diferentes negocios locais.
Queremos agradecer ao goberno municipal a receptividade ante unhas demandas amplamente sentidaspolo conxunto de veciñas e veciños. Como plataforma veciñal apartidista, esperamos do conxunto dacorporación municipal unha posición firme en defensa dos dereitos básicos de todos e todas, sexa calsexa a cor política das administracións ante as que haxa que defendelos.