A adxudicataria do SAF do Porriño castiga ás traballadoras

eu son porriño

Desamparo do Concello e represalias pola empresa que incumpre o contrato

O Porriño, 1 de febreiro de 2023

  • Onte reuníronse unha representación das traballadoras e ARALIA, empresa de Valladolid adxudicataria do Servizo de Atención no Fogar. Ante a reclamación dos seus dereitos e por telo feito directamente hai dúas semanas ante o alcalde, a empresa toma represalias e segue a incumprir o contrato ao non dotar de medios á plantilla.
  • As traballadoras, que dende o 1 de xaneiro están sen roupa, só dispoñen dunha bata. A resposta da empresa é que así seguirán ata que lles entreguen os uniformes (sen data), tampouco teñen luvas axeitadas nin partes de traballo e as nóminas non están claras.
  • Segundo nos traslada a presidenta do comité de empresa, a dirección está molesta polas súas demandas e por reunirse co alcalde e ter presentado un escrito no Concello no que comunican a súa situación.
  • Dende EU SON manifestamos, unha vez máis, o noso rexeitamento tanto á xestión dun servizo fundamental como é o da atención á dependencia, como ao trato ás traballadoras. A anterior empresa renunciou porque non lle era rentable e esta incumpre dende o primeiro momento.
  • EU SON – Esquerda Unida vén reclamando en solitario a remunicipalización de todos os servizos, e especialmente este, ao longo de dúas lexislaturas. A xestión ten que ser directa para mellorar a atención prestada e garantir unhas condicións laborais dignas para as traballadoras. Pode e debe facerse. O Concello, co alcalde á cabeza, está a fuxir das súas responsabilidades.
A cerca de admin 52 Articles
Xornal galego de información xeral Publicación mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.