EU SON denuncia a situación límite da unidade de asistencia a drogodependencias

EU SON denuncia a situación límite da unidade de asistencia a drogodependencias

Debe dotarse de persoal e axilizarse a integración no SERGAS

O Porriño, 17 de febreiro do 2023

  • Patricia Sío e José Manuel Villa, concelleiros de EU SON, tras reunirse con usuarios do centro e co persoal do mesmo, veñen de rexistrar unha moción ante a grave situación da UAD do Porriño, que atende a persoas de 21 concellos da contorna, máis de 300 usuarios/as, e conta actualmente con unha plantilla de: psiquiatra, psicóloga, traballadora social, auxiliar e administrativa.
  • Úrxese ao Concello a cubrir pola vía de urxencia os postos de: enfermería, auxiliar de laboratorio e vixilante. Tamén se pide que se inste á Consellería de Sanidade a axilizar a integración no SERGAS, prevista para o ano 2025.
  • Xa na anterior lexislatura EU SON denunciou unha situación que non fixo máis que agravarse. As consultas coa psiquiatra, tanto urxentes como con cita, non se poden atender porque está no laboratorio coas tarefas da auxiliar (de baixa) para dar cumprimento ás ordes xudicias controis de consumo. Desde o Concello póñense escusas para contratar e agárdase a contratos do Plan Concellos que non son máis que un remendo de seis meses.
  • Tampouco hai un control de acceso e ás veces danse situacións delicadas con usuarias/os ou familiares. Estamos a falar de adiccións, problemas de saúde mental, custodia de mostras e medicacións.
  • Desde hai máis de oito anos non hai enfermeiro/a e a praza desapareceu da relación de postos de traballo. O servizo é municipal, o persoal tamén. Desde EU SON temos claro é o Concello o que está a fallar dende hai moito tempo. Reclamamos dignidade na atención ás persoas usuarias e nas condicións laborais das traballadoras.