O Concello do Porriño instala un valado de seguridade de 150 m en Cans

O Concello do Porriño instala un valado de seguridade de 150 m en Cans

Atende así unha reclamación histórica da veciñanza que diminuirá o risco de accidentes viandantes nesta zona

O Porriño, 7 de marzo de 2023.

A Concellería de Obras, que dirixe Ramón Porto, iniciou estes días a instalación dun valado de seguridade na N-120, na parroquia de Cans.

Trátase dunha demanda histórica da veciñanza, que reclamaba solucións nunha beirarrúa de moito tránsito de peóns ante o risco de caída. O edil explicou que a instalación do valado estase a realizar con medios propios e abranguerá unha distancia de 150 m.

“Coa instalación deste valado de seguridade evítase o risco de accidente de viandantes, xa que ata o de agora estaba totalmente desprotexido co conseguinte risco de caída. Unha situación perigosa xa que existe un gran desnivel”, concluíu o rexedor, Alejandro Lorenzo.

Primer comentario

Deixa a túa opinión