Perante a notícia na que se informaba sobre a retirada uns metros do hórreo da finca Patazumba e o derrubo da casa, para abrir a rúa Ourense até a Avda. da Concordia, o BNG de Tui manifiesta a sua oposición ao proxecto por constituir un atentado maiscontra o património tudense.
Cando falamos da calidade de vida nas cidades, temos a obriga de evitar degradacións que se producen tanto ambientais como paisaxistas e ter claro os elementos a protexer,tentando que a pegada sexa a de menor impacto posíbel.
A cidade de Tui ten mui pouca zona verde e nese aspecto non cumpre os estándaresmínimos de 15 m2por cada 100 m2 edificábeis. Está fora de toda lóxica desenvolveráreas residenciais como as proxectadas sin cumprir os estándares mínimos de zonas verdes.
No caso da finca Patazumba, composta pola casa principal, a calustra e o valado,non se entende que se derrube uns fantásticos bens patrimoniais como estes paraencher o espazo de construcións de cemento e construir unha rotonda. Seguindo oscriterios europeos tanto de rehabilitación, rexeneración con sostenibilidade territorial,-como pode ser o proxecto Axenda Urbana-, derrubar todo este espazo, ou o que quedadel, para dar cabida a monstros de cemento, é todo un despropósito.
E necesario refexionar bem, contemplar alternativas e neste caso recuar no proxecto destinado á finca Patazumba. As administracións públicas teñen que dar exemplo epensar que non todo vale, que os intereses particulares de construtores (como acontecenesta zona) non son, nin deben ser prioritarios.
O planeamento urbanístico de Tui foi xestado no século pasado e polo tanto nonrespecta os parámetros nin as concepcións de espazos urbanos propios do século actual.
Na nosa opinión a finca Patazumba, ten que ser de utilidade pública, pasando o seu futuro pola restauración cuidadosa que poña en valor cada elemento deste lugar. A memoria dun pobo, dunha cidade, tamén pasa por respectar estes lugares emblemáticos.
Propomos, desde o BNG de Tui, converter esta zona nun espazo verde onde teñan cabida distintas actividades como concertos ao ar libre, zona de encontros, paseos,convivencia da xente. Un lugar, por exemplo, para un museo popular de artes e oficiosq ue non existe en Tui.
Como alternativa á desfeita e o derrubo, a saída da rúa Ourense, pode pivotar pola rúaMártires de Sobredo. Hai espazo suficiente para unha rotonda e temos alternativas para entrar e saír, facendo incluso vías únicas polas dúas rúas paralelas. Ou tamén sepode estudar que o trazado final da rúa Ourense “vire” suficientemente á dereita ouesquerda para rodear o espazo a protexer.
Se se consiguir finalmente levar a cabo o proxecto de cubrimento da via do tren, teremos unha comunicación directa co centro, coa Avda. de Baiona, coa praza deabastos e cos aparcamentos que se poidan producir con esta obra.
Derrubar é moi fácil; preservar, adaptar e darlle utilidade aos sitios e mais beneciosopara as futuras xeracións.