Tenente alcalde de Vigo, fillo de Fornelos da Ribeira.
Manuel Alfonso Estévez
Grazas o Boletín do Instituto de Estudos Vigueses, que me permitiu a procedencia de meu pai, Manuel Estévez Cambra, nado en Fornelos da Ribeira, membro da Unión Rexional das Dereitas (URD), que na xornada electoral do ano 1.931 aparece como candidato monárquico as eleccións, do distrito 1, con 449 votos e que o xornal “Faro de Vigo” consideraba grave a situación que representaban os votos republicanos, en relación cos monárquicos, sendo precisamente Vigo, o primeiro en proclamar a II República, como principal protagonista.
Xa no “Diario de Vigo”, do ano 1.923, nº 278, se indica que pola Xunta Municipal, fora designado por sorteo, Manuel Estévez Cambra, quen aparece na Tese de Adrián Presas Sobrado, da Universidade de Vigo, “Elites políticas de poder local na Galicia, 1.939/1.951”, Arquivo Provincial de Pontevedra. E, aparece na Táboa 1 das Eleccións do 1.931, cando xa no ano 1.923 con Orencio Arosa Álvarez aparece como tenente alcalde.
Neste traballo quixen aproximarme a “Dinámica socio política de Vigo”, de meu pai, dado o signo ideolóxico do fillo, traballando como reporteiro en “El Pueblo Gallego”, diario liberal e, para comprender a evolución natural en cada tempo. Fenómeno diferencial que sinala Xosé Manuel Núñez Seixas, que afecta o movemento socio – político familiar.
A limitacións das fontes político-monárquicas, católicas, na dinámica de Vigo, ten a súa importancia, como empregado, para tomar parte na URD, que como fillo, respecto, aínda que a miña ideoloxía sexa socialista democrática e republicana.
Tanto meu pai, como eu, somos fillos adoptivos de Vigo, e a súa pertenza a URD se debe a que, para el, non era un partido mais, a antiga usanza, formando un conglomerado harmónico no que para os monárquicos e republicanos, homes de ciencia, industriais, comerciantes, e obreiros tiñan un lema: A defensa da Relixión, a Patria, a Familia, a Orde, o Traballo e a Propiedade, pretendendo facerse cos movementos rexionalistas, agrarios, obreiros, intelectuais e clase media.
No marco da campaña estaban, Melchor Viso, Zunzunegui, Telmo Pérez, Rúa … e no xaneiro do 1.935 Mariano Llorente, Martín, Tomás Santoro Villavicencio, meu pai Manuel Estévez Cambra, José Torrado Franco, Tomé Pérez, Mora Ruíz, e outros, segundo “Faro de Vigo”, do 16- 01- 1.935 en Acta policial da reunión. Carpeta SOC 12.AMV.
Eran, como hoxe, tempo de rancores odios e malas paixóns, “desbordados en que España naufragaba en sangue e bagoas” esquecendo a Cristo: Amaos uns a os outros! (EPG-30-11-1.934)
Tamén xa daquela se falaba en “Faro de Vigo” do 10-05-1.932 da desmenbración de España, e precisaban unha dereita, para a “Historia Patria”.
“El Pueblo Gallego”, de Portela Valladares, continuaba polo milésima vez raiado o disco, que o “delegado gobernativo” tivera que chamarlle varias veces a orde.
E, digo eu, como ante todo querían ser vos patriotas, o benestar e a prosperidade, o respecto dos sentimentos relixiosos, a prosperidade, a educación e as diversas actividades, e por riba, falaban da “repugnancia Constitucional”, e o perigo fronte as esquerdas comunistas.
Xa choveu, manda carallo! E estamos na mesma encrucillada, agora mesmo.
Eu nacín republicano, vivo sendo republicano e morrerei republicano, pero non deixo de entender e recoñecer a ideoloxía política de meu pai, monárquica e católica, chegando a ser co fundador e Confrade do Cristo da Victoria, tal como aparece no Instituto de Estudos Vigueses, onde tiven a oportunidade de documentarme.
As forzas progresistas de entón, afrontaron a loita electoral como unha oportunidade, para sacudir as raíces que castigaban e azoutaban sen piedade a cidadanía, mobilizando o corpo electoral, que “El Pueblo Gallego” daqueles tempos, insistía na participación da poboación, porque daquela, tal como se coñece hoxe, se pretendía converter os municipios en forzas progresistas, contra a conxunción caciquil e monarquía existente.
E digo eu, neste ano 2.023 que aqueles partidos da esquerda non corruptos -hoxe- poderían dar o aldabronazo as portas da cidade de Vigo, o corazón e cerebro de todos, para facer ver a conveniencia de que unidos, como nunca, ante o inimigo común, “O pobo unido xamais será vencido”. Amén.