Satisfacción no BNG pola sentenza que anula a urbanización na praia de Arealonga

Logotipo BNG

Xoán Carlos González Campo, “fomos os únicos en votar en contra no Pleno, para preservar Arealonga e apoiar aos veciños e veciñas”.

A recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza impedindo a construcción dunha urbanización a 20m. Da praia de Arealonga en Chapela, foi “valorada positivamente” dende o Bloque Nacionalista Galego. “Presérvase parte do borde litoral da parroquia, co que se benefician os veciños e veciñas”.

Pola súa parte o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González Campo entende que a sentenza “corrobora o argumentario que expuxemos no Pleno, e que nos levou a votar en contra desta urbanización”. Afirma que o resto de grupos tanto PP, PSOE, como AER, actuaron priorizando os intereses da promotora, sen ter en conta os impactos ambientais, paixaxísticos e sociais.

A edificación ocuparía ata 50 m. de longo por 9 de altura, na que os baixos adicaríanse a vivendas con “marcado fin turístico de segunda vivenda”. Outro dos problemas creados, constituiríaos o importante aumento de tráfico, nun vial como o paseo Durán Troncoso que debe ter vocación de converterse en peonil, sinala.

“Queremos transmitir o noso respeto ao colectivo de veciños e veciñas que recurriron o acordo plenario, que levou a que o TXSG, desestimara esta urbanización”, destaca o edil nacionalista. “Afrontaron continuar pola vía do contencioso, cos custos económicos que lles supuxo”, incide.

Para Xoán Carlos González Campo, “dende o BNG asumimos que preservar o bordo litoral de Redondela debe ser un dos instrumentos para evitar un maior deterioro da Ría, apostando por un mellor futuro dos nosos recursos naturais e medioambientais”, remata na súa nota.