COUSAS DE SALVATERRA

oão Rodrigues de Vasconcelos e Sousa, Conde de Castel Melhor. Governador das Armas do Minho
oão Rodrigues de Vasconcelos e Sousa, Conde de Castel Melhor. Governador das Armas do Minho
Antón Lourenzo, veciño da Vila
Antón Lourenzo, veciño da Vila

No mes de febreiro pasado, falaba eu de non ter constancia real da presenza da Raiña Dona Urraca no Castelo de Salvaterra. Unha amable lectora fíxome o apuntamento de que si ben existiron duas Urracas que acadaron o rango de raiñas, Urraca de Zamora (1033 – 1101) e Dona Urraca I de León, alcumada “A Temeraria” (1081 – 1126), esta última sería a que deixara pegada na poboación de Salvaterra. Consultado un libro especializado, “Rex et Regina Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega”, do historiador Xosé Antonio López Teixeira, editorial Toxosoutos, XIII premio historia medieval de Galiza e Portugal 2013 (absolutamente recomendable a lectura) certo é que nel aparecen frecuentes loitas e desencontros entre Dona Urraca e a súa medio irmá Tareixa do condado portucalense o longo do val do Miño, pero en ningún momento aparece Salvaterra expresamente citada. Sí que nun documento atopado na rede pódese ler “súa estancia no castelo de Salvaterra é intermitente o longo dos seus anos como soberana da Galiza”, pero non cita as fontes, xa que logo fica no campo das conxeturas. Polo que a min respeita, seguirei investigando este intersantísimo particular.

CONSOLIDACIÓN DA PRAZA DE SALVATERRA.

O Xeneral en xefe das tropas galegas o ver que non podía conseguir a empresa de recuperar Salvaterra, mandou levantar un reduto no lugar da Salgosa, media legua da praza de Salvaterra para a parte de levante xunto o río Miño, dirección a Liñares, actual concello das Neves.

O Conde de Castel-Melhor, vendo o perigo desta veciñanza, ordenou o mestre de campo Diogo de Melo que marchara con dous mil infantes a atacar ese reducto. Saiu de salvaterra e dispondo con boa disciplina a xente que levaba, chegou ó reduto, do que era cabo o mestre de campo Belchior de Ulhoa, con as mellores compañías do seu tercio. En canto divisaron os soldados portugueses, fixo sair tres compañías que se emboscaron nun vale coberto e seguro. Deron algunhas cargas con pouco efeito e retiráronse para o reducto. O tempo xa os portugueses avanzaban por todas partes, tan animosamente atacaron que entraron nel a pesar da forte resistencia. Salvouse o mestre de campo e ficaron prisioneiros dous capitáns e parte dos soldados. Desmantelouse o reducto e de seguido, mandou Diogo de Melo adentrarse pola Galiza, saqueando e queimando seis lugares de moita abundancia, ricos. Xa na retirada, localizaron catrocentos soldados a cabalo dos galegos pero lograron esquivalos grazas a guarnecerse nalgúns valados que lle aseguraron a retirada deica Salvaterra.

Foi neste tempo que entrou a gobernar as armas da Galiza o Marqués de Távora, portugués, aliviando deste peso o Cardeal Spínola do cal desexaba verse libre, sobre todo polas desgrazas sucedidas, especialmente a perda de Salvaterra.

Percorrendo a fronteira o Marqués de Távora, flamante novo Capitán Xeral da Galiza, chegando o reducto da Fillaboa, tivo noticia que dúas compañías de infantería portuguesas atacaran a algúns paisanos que cortaban leña. Eran ás dos capitáns Antonio de Queirós e Antonio Ferreira. Távora mandoulles reforzos con máis compañías e despois de longa contenda obrigáronos a se iren retirando até as trincheiras de Salvaterra. O Conde Castel Melhor tamén aumentou os reforzos, pelexaron por longo espazo caindo de ambas partes muitos mortos e feridos. Finalmente acabaron por retirarse os galegos, seguidos polos portugueses até o reduto da Fillaboa, a noite parou a contenda.

Mentras tanto, de inmediato a toma de Salvaterra había que sustentar dita praza pola importancia militar estratéxica que tiña. Había que afortalar as defensas, as murallas e atalaias, precisábanse todo tipo de bastimentos e para elo era fundamental a fabricación dunha ponte sobre o Miño que permitira o fornecemento. Notoria é a nobleza do río Miño, non só pola abundancia de peixes senón tamén pola abundancia das augas, tal é a sua mexestuosidade que parecera imposible atravesalo doadamente, pero era absolutamente necesaria a construcción da ponte. Esta ponte había de ser a porta por onde entrara o socorro a praza de Salvaterra e Castel Melhor resolveu poñer mans o asunto, para elo mandou vir dende Viana carpinteiros e homes do mar, con todos os aprestos precisos para fabricar barcos, maromas, ferraxes e todo o que conviña. Construiuse en seis días con toda a perfección, de modo que poideron atravesar o Miño incluso as cabalgaduras e os carros. Para a afortalar esta ponte mandou o Conde facer unha estacada en forma cadrada na banda de Portugal e duas na banda da Galiza, a modo de peirao, permitindo con elo reforzar a estructura e poder amorear os bastimentos.

O Marqués de Távora tratou con gran cuidado de reforzar as guarnicións e de pedir novos socorros, entre tanto foi pasando o tempo e chegou o fin de decembro do ano 1643, parouse a guerra sen mostrar rostro contrario á fortuna do Conde de Castel-Melhor.

Salvaterra, abril do 2023

Fontes:

Historia do Portugal Restaurado. Biblioteca Penzol, Vigo.
João Salgado de Araujo, Abade de Pera. Biblioteca Nnal. Lisboa.