A loita da dereita contra a esquerda

Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira
Manuel Alfonso Estévez

Con mais de 91 anos enriba de min, digo que estamos vivindo a mais deplorable situación habida ata agora, onde de unha forma descarnada e vergoñenta, chamada oposición,mantén a practica de Xosé María Aznar, do todo vale, para chegar o poder; e para elo, a xente en xeral, deixase manipular mesturando outras ideoloxías, cando chegado o momento das Elección Xerais, se esforzan en ocupar o espazo que a _xente de ben_ necesita.

Este espazo é a cordura, a transparencia, o respecto e o bo servizo polo Ben Común, principio cooperativo descoñecido para moitos.

Valores inexistentes,no mundo dos políticos parasitos que ten o noso país, confirmando o mapa democrático que da pena. E, queiramos ou non, pese os erros cometidos por o noso presidente, Don Pedro Sánchez, é para min, e tamén para outros, o mellor presidente dende a morte de Franco, e o mellor representante internacional que temos, sen esquecernos do seu traballo, con mais ou menos acerto, na Comunidade Europea, respectado e atendido, onde a envexa política duns poucos veñen corroendo as institucións do noso país.

Non intentedes encarnar nas dereitas o afán de preservar a orde e o benestar social, freando os representantes obreiros, os estudantes, e os líderes veciñais, porque todos eles forman parte do camiño a seguir, e non do carácter apático, conservador e caciquil da dereita, que non lle importa estar nas institucións dignamente, en igualdade i en xustiza.

Eu si que vou a votar a don Pedro Sánchez, para que siga gobernando o pais co seu goberno, -pese os erros – e non a esa “orquestrada”, chamada dereita que da pena escoitala. E, a mesma de sempre; os mesmos farsantes disfrazados de paz, prosperidade e harmonía. Un enredo novo que ven de lonxe. E, xa os digo, ídevos preparando para a subida de impostos, e a redución de impostos pros ricos, e lembrade os aumentos das pensións do 0.25% de Mariano Rajoy e o 8.50% de Pedro Sánchez. Logo, Non digades que non somos a España da pandereta!

E tendo presente as leis adoptadas por don Pedro Sánchez, favorecendo os mais necesitados, “todo moi feo para a oposición e vellos socialistas do pan con cebola”, está claro! Ti pensionista, que non votas a don Pedro Sánchez, o que che toca da subida da pensión é o 1% o cal é inxusto, para ti, para min e para os demais.

Hoxe por hoxe, cáeme a faciana de vergoña escoitar chamarlle a don Pedro Sánchez, mentirán, tódolos días, polas “Leis absurdas do seu goberno”, cando foi i é, o mellor presidente de sempre, con unha boa imaxe, que non lle atemoriza o pulso en decidir, as veces moi difícil – guste ou non – con un alto nivel de personalidade, que ninguén outro político tivo ata agora.

Non hai peor inimigo que OS DE SEMPRE para fomentar, día e noite, a desestabilización do país. Quedemos pois, coa boa xestión de don PEDRO SÁNCHEZ, e coa responsabilidade das institucións, para que estas Elección Xerais do 23X, non termine en tráxica comedia, como pretenden algúns.

Eu vou a votar a don Pedro Sánchez, defendendo os que non votan; para que non consiga o “bando contrario” o linchamento xeral, sen importarlles non só os “resultados de emprego”, a boa política de Estado, etc.

Eu, por si acaso, os digo que vaiades tomando boa nota das medidas tomadas polo goberno de don Pedro Sánchez, por si non os lembrades:

– Subida do 8,5% del salario.

– Cheque de 200 Euros para os sen recursos.

– Ingreso mínimo vital.

– Subsidio amas de casa.

– Tarefa regulada da auga e luz.

– Redución IVA en alimentos.

– Axuda adquisición de vivendas os xoves.

– Axudas a Xuventude sen traballo.

– Bono Cultural Xuventude.

– Transporte de balde.

– Becas.

– Axudas emprendedores.

– Reducións carburantes.

– Record de afiliados a Seguridad Social.

Todo a cambio dun goberno que nos enche de impostos. E, todo pola mala xestión de Don Pedro Sánchez e seu Goberno. E o malo e que o xubilado vota a outro presidente alleo, porque de todo hai neste país.

E, Logo despois se queixan!

Eu si que vou a votar a don Pedro Sánchez, porque é votar a ESQUERDA, porque a dereita xa sabemos o que é, e cal é o seus resultado.