COUSAS DE SALVATERRA

Mapa Salvaterra

Sentenza da Audiencia Provincial

Antón Lorenzo González Saque
Antón “Xaque”, veciño da Vila

A actualidade imponse, e non vou falar de política extricto sensu, que para iso xa hai de sobra quen o faga. Hoxe vou falar sobre unha sentenza moi importante que afecta o monte comunal VECIÑAL Chan da Ponte de Salvaterra, ó tempo que, sendo eu o presidente da Comunidade de montes veciñais desta parroquia, diso sei bastante.

A sentenza é de finais de abril, pero non saiu a luz até días antes das eleccións e, días despois, foi publicada a noticia no Faro de Vigo o 31 de maio. Ven a decir que a Xustiza declara comunal VECIÑAL unha parcela, en mans do Concello, que pertence a un todo chamado Chan da Ponte, dunhas 38 hectáreas, é decir, 380.000 m2

En consecuencia, a Audiencia Provincial declara propiedade da Comunidade de Montes de Salvaterra, unha parcela de preto dunha hectárea ubicada na parte sudeste de Chan da Ponte, monte onde tamén se ubica o polígono industrial dese nome. A mesma condea o Concello de Salvaterra a absterse de facer calqueira acto posesorio ou de disposición sobre dito terreo e ordea a cancelación da inscripción desa parcela no Rexistro da Propiedade a nome do Concello.

De momento a sentenza está recurrida en casación polo Concello, mentras na Comunidade solicitamos a execución da mesma para asegurar o seu mandato en tódolos termos.

Hai que lembrar que nunha primeira instancia, en Ponteareas, fallaron contra a Comunidade, algo a priori impensable a xulgar pola morea de documentación que avala a nosa tesis, isto é, un informe histórico da zona levado a cabo polo competente documentalista Don Gregorio Casado, infelizmente falecido, e un informe técnico impecable confecionado pola enxeñeira técnica Dona Rita Pérez, levou o peso da demanda, admirablemente, o avogado Roberto Mera Covas.

Triste e pobre pareceume o informe histórico, confecionado para o Concello, por un historiador experto en… arqueoloxía e o informe técnico dun perito, tamén para o Concello, aparente descoñecedor do perímetro de Chan da Ponte. Lograron o seu obxectivo, crearon a cerimonia da confusión e a Sra. Xuiza sacou unha sentenza moi traballada de casi cuarenta páxinas, cheas de palla, demostrando que ou ben non sabía ou non quixo saber de montes comunales VECIÑAIS. Recurrida esta sentenza á Audiencia provincial, en segunda instancia o fallo foi favorable, endereitando a desfeita da primeira.

MAPA CATASTRO 58, CONCELLO SALVATERRA DE MIÑO, CHAN DA PONTE

Facendo un pouco de memoria, hai que decir que os Comuneiros xa fai ben anos que vimos reclamando a propiedade dese e doutros montes. No caso que nos ocupa fora un empresario da vila chamado Amadeo Lemos, quen xa nos anos noventa intentara sen éxito protexer Chan da Ponte das gadoupas especuladoras, a mentira e o engano impuxéronse. Pasados algúns anos, un grupo de xente xoven intentou o mesmo, movilizaron a un notario e contaron con un importante bufete de avogados especializados. Mandáronlle sendos burofaxes de advertencia ó Concello e ós empresarios, deixando clara a condición de VECIÑAL do monte, pero curiosamente, de xeito un tanto oscuro, ese movimento foi, digamos, neutralizado. Os que levamos a cousa actualmente, con lentitude pero dando pasos certos, seguros e firmes, estamos avalados por multitude de documentos que abrumadoramente nos dan a razón.

Temos documentados os montes no famoso Catastro del Marqués de la Ensenada de 1752, temos o chamado documento de Excepción de Vendas de 1861. Neste caso, igual que no anterior, fálanos dos extremeiros, dos ventos, da cabida e de quen son propietarios os montes, “LOS VECINOS DE LA PARROQUIA”, e dende cando, “POSESIÓN INMEMORIAL”. Este documento consta dunhas 630 páxinas, coas descripcións dos montes e as declaracións dos alcaldes pedáneos das distintas parroquias, formalizado ante o Notario José Ramón Bugallal en Ponteareas e sinado polo Alcalde, Antonio González Sarmiento e os pedáneos.

Por certo que leva incluidas parroquias que na actualidade non pertenecen o concello de Salvaterra de Miño, nese documento están rexistrados montes de parroquias que hoxe pertencen ós concellos das Neves e de Ponteareas.

Nos anos cinconta, atopámonos con un señor moi antipático que mandou no estado español durante cuarenta anos, e os seus amigos aproveitaron para inscribir os montes dos VECIÑOS a nome dos Concellos nos Rexistros da Propiedade. E esa é a disculpa para que, anos máis tarde, os vendan por parcelas, enganen os empresarios, e non pase nada.

Pero eu pregúntome, qué foi o que inscribiron no Rexistro?, montes comunales?, repóndome, sí comunales, volto a preguntarme, pero que tipo de montes comunales, VECIÑALES?, e respóndome, sí comunales VECIÑALES. Entón voto man da lexislación e esta dí que tanto a Lei de Bases de Rexime Local, artigo 80, coma a Lei de Montes, artigo 14, dispoñen de xeito taxante e contundente que: “Os montes do dominio público forestal xon inalienables (non se poden vender), son imprescriptibles (nunca prescriben inda que lles construas enriba un hospital, caso de Montecelo), son inembargables e asemade non están suxeitos a tributo algún que grave a titularidade. Todo o antedito ven a dar no mandado do artigo 132 da Constitución do estado español, en canto dispón que “a Lei regulará o réxime xurídico dos bens de dominio público e dos comunais, inspirándose nos principios de inalienabilidade, inprescriptibilidade e inembargabilidade…”

Si se venden en contra da Lei, querse decir que o que vende, presuntamente, está cometendo un delito. Si é a Administración Local quen vende, asemade, estase cometendo, presuntamente, outro delito.

Voltando a sentenza, na Xunta Reitora sempre tivemos vontade de chegar a acordos. O Concello no 2021 pediunos que paralizármos a demanda, así o fixemos, pasamos moitas horas para redixir un documento que sin dúbida abondaba para resolver as distintas casuísticas que se presentan nese espazo Chan da Ponte, e despois de meses de traballar niso, negáronse a negociar, iso sí, aproveitaron o tempo para allear duas parcelas, é decir, mentiron para gañar tempo e vender máis.

A resolución da Audiencia provincial deixa aberta máis doadamente a posibilidade de que a Comunidade de Montes poidamos reclamar a totalidade do monte Chan da Ponte. Si como xa se viu, somos capaces de demostrar o carácter de VECIÑAL dos terreos, estes pasarían a ser da nosa propiedade, incluso aqueles que foron vendidos polo Concello sin ser da súa propiedade.

Quede clara a nosa intención de seguir a folla de ruta até lograr a recuperación do monte. Non excluimos a posibilidade de negociar e chegar a acordos que sexan satisfactorios ás partes implicadas, especialmente no que atinxe ós empresarios e ós traballadores. A Comunidade está aberta a dar seguridade xurídica a aqueles que compraron terreos e que queiran facer inversións neles, sempre respeitando a propiedade veciñal.