Os vindeiros venres 14, sábado 15 e domingo 16 de xullo celebrarase no concello de O Rosal, na zona de O Calvario, a 31 edición da Festa do Viño.
Esta Feira do viño ten como obxectivo primordial promocionar os sectores vinícolas, conserveiros e de produtos típicos de horta e flor que se producen no Val do Rosal. Este goza dun microclima especial que lle dá aos seus produtos agrícolas a calidade indiscutible que fai que sexan premiados non só no noso país, senón tamén en certames internacionais como o demostran os numerosos premios.
A afluencia á Feira do Viño do Rosal adóitase calcular en varios miles de persoas. A festa convértese en todo un tributo aos caldos na que numerosas adegas achegan os seus viños aos visitantes.
Durante tres xornadas, ademais de saborear as distintas variedades de viño, O Rosal propón unha festa na que, como en toda a provincia de Pontevedra, a gastronomía goza tamén dun papel destacado. Así, non faltan as tapas variadas, os mariscos das costas galegas ou a tortilla . Os visitantes chegan ao Rosal atraídos pola calidade dos seus viños, e non só desde o resto da provincia, senón tamén desde distintos puntos de España e do país veciño, Portugal.
Respecto á orixe da tradición vitivinícola na zona, crese que os viñedos do Rosal proceden da época romana. Serían despois os monxes do Monasterio os que coidasen unhas plantacións das que hoxe nacen uns viños novos e de sabor afroitado.
Os viños do Rosal pertencen a unha das cinco subzonas da D. O. Rías Baixas, cuxos caldos brancos, especialmente o albariño, son apreciados en todo o mundo. As características climáticas da provincia de Pontevedra, coa súa proximidade ao mar e con tramos baixos de leitos fluviais, temperaturas agradables e choivas ben distribuídas, propician estes viños elegantes e frescos que reciben prestixiosas distincións cada ano. Do que non cabe dúbida é que no Rosal atoparemos un das paisaxes vitícolas máis fermosos de Galicia nunha contorna moi especial, un lugar incomparable para celebrar esta Feira que, ademais, foi declarada de Interese Turístico de Galicia.
Tamén, algunhas das adegas ofrecen a posibilidade de coñecer o proceso de cultivo, colleita e produción. Adegas Val Miñor , Terras Gauda, Adegas Novás, Santiago Ruíz, Quinta Couselo, Lagar Pedrégales, Lagar de Cerveira, Altos de Torroña, Bodegas Aforado, Lagar de Cerveira, Altos de Torroña e Adega Aforado destacaron na pasada edición do 2022 e a espera de coñecer se este ano vai a haber algún cambio de adegas asistentes.
Nesta Feira do Viño do Rosal as adegas e os viñedos constitúen, polo tanto, un auténtico referente do sector enoturístico da provincia. Ademais, edición tras edición, o evento ofrece propostas para toda a familia, como actividades infantís, deportivas ou musicais. Así, coa lectura do pregón o venres pola tarde, a presentación da Confraría de Cabaqueiros de Viño do Rosal e a apertura da feira na praza do Calvario, inícianse tres xornadas nas que grupos de música tradicional e de animación nas rúas danse cita na vila. Pero ademais, a programación da Feira do Viño do Rosal inclúe actividades populares moi especiais, como unha camiñada e unha carreira de 10 quilómetros entre viñedos dunha ou de dúas das adegas participantes na Feira, un show cooking no centro do pobo, talleres de cociña para os máis pequenos ou exposicións de pintura e escultura, entre outras.
Tanto Concello como as adegas camiñan da man para preparar esta nova edición da Feira do Viño do Rosal, que este ano recupera as súas datas habituais. O vindeiro mes de xullo a Praza do Calvario converterase un ano máis no escenario central de tres días nos que se programarán multitude de actividades culturais, gastronómicas e de lecer abertas a toda a veciñanza e visitantes. Aínda non podemos mostrar a programación completa pero recomendamos as persoas interesadas estar pendentes da web do Concello ou do punto de información turística nos vindeiros días.
Ánxela Fernández Callís: “Recuperamos a esencia e as datas desta festa de interese turístico coa que cada ano promovemos o noso patrimonio enolóxico e amosamos ás persoas que nos visitan todo o que O Rosal pode ofrecer”. A rexedora anima a toda a veciñanza e visitantes a participar na que será a XXXI edición da Feira do Viño do Rosal e desfrutar dunha experiencia inesquecible.
Nós animamos tamén a lectores e lectoras do noso medio que se animen a visitar O Rosal, non só polos seus viños e todas estas actividades, senón que esta vila tamén ofrece múltiples razóns para achegarse a coñecela. A ruta muíños do Folón e do picón declarados Ben de Interese Cultural, ou o sendeiro de pescadores do Río Miño-Tamuxe, entre outros moitos recursos que nos ofrece a natureza nesta vila fan que pague a pena a visita.