Marta Rodríguez Secretaria do PP da Cañiza
Existen dous tipos de gobernantes, os que gobernan e xestionan os recursos públicos para atender as necesidades da cidadanía, e os que empregan eses mesmos recursos para manter os seus traseiros en sillóns desde os que poder garantir para si mesmos parte deses recursos públicos.
Teño claro que se alguén adquire a responsabilidade de xestionar o de todos, debemos, entre todos, pagarlle por o seu traballo, sempre e cando sexa algo razoable e proporcional á cantidade de responsabilidade que conleve. O problema ven cando a persoa que manexa o de todos, pretende “mercar” o seu soldo, con cartos alleos.
Os do segundo grupo, os que manexan fondos públicos para financiar boa parte das súas campañas electorais, levando a cabo iniciativas prohibitivas económicamente en moitos casos, baixo o lema, máis déspota que ilustrado, de “todo para o pobo, pero sin o pobo”, tamén abundan nos concellos pequenos coma o noso.
Votando a vista atrás, concretamente a hai catro anos, cando se falaba do servizo deficitario da piscina climatizada, cando se reuniu á veciñanza nun auditorio para contarlle o mal que resultaba económicamente que as persoas puidesen empregar dita instalación, e se armara todo aquel rebumbio co peche e “secuestro” desta piscina, penso que o noso é un deses municipios nos que se poden constatar algunhas das contradiccións que ocasionan este tipo de accións totalmente propagandísticas.
E que non alcanzo a comprender, como é posible que se faga unha inversión millonaria para abaratar o custo dun servizo e que se lles impoñan coutas máis altas aos usuarios para poder mantelo, incluso chegando a reducir a propia instalación, entendendo que é suficiente para os veciños que a empregan, pero por outra banda, se constrúe unha pista de skate “profesional” de máis de 360.000€, porque unha máis modesta non é suficiente para os usuarios nosa vila.
Haberá quen diga que esa instalación vai a atraer xente e que iso é algo bo para a economía local, porque ese foi o discurso que os socialistas venderon en campaña para xustificar tal dispendio, mentres en concellos con máis poboación e polo tanto con máis recursos, gastaban a quinta parte nunhas instalacións semellantes. E este sería un argumento válido e moi positivo, se este proxecto se tivese baseado nun estudo que confirmase este dato. Sen embargo, o único que todos podemos comprobar, é que a xente que ven a utilizar esa pista de cando en vez, faino nas as súas propias furgonetas camperizadas e as neveiras de camping co bocadillo e a cocacola da casa.
Nunha punta do concello, redúcese un servizo e cóbrase máis por el, mentres no outro extremo se gastan cartos sen mesura en vísperas electorais, podendo facer unha obra máis sinxela, pero realista e acorde aos nosos recursos.
Penso que venderon despilfarro e fume cunha man, mentres que coa outra vendían unha débeda e un “barco nas pedras”, que por outra banda e ao mesmo tempo, lles permitía facer gastos desorbitados para un concello de menos de cinco mil habitantes. Toda outra contradicción difícil de comprender.
Agora que o barco si que está nas pedras de verdade, falta saber que táctica empregarán para facernos crer que a mala situación actual, é por culpa dun alcalde que leva máis de catro anos fóra do goberno municipal, en lugar da mala xestión e do gasto hiper elevado que se levou a cabo para facer campaña electoral durante todo o mandato socialista, sen ningún tipo de estudo das necesidades dos veciños nin ter en conta a capacidade nin os recursos reais do noso consistorio.
Serán sofistas ou veletas?
