ASOCIACIÓN DE XÓVENES "A TURONIA"
O vindeiro Domingo 19 de Novembro a Asociación de Xóvenes “A Turonia” de Entenza, organizará a xa tradicional Festa do Cogumelo, evento xa típico nas datas do outono no Val do Caselas. Esta festa conta xa con 25 anos de historia converténdose na celebración máis multitudinaria da parroquia de Entenza e nunha das máis populosas do Concello de Salceda de Caselas.
Os actos desta celebración efectuaranse no Centro Cultural de Entenza así como na pista cuberta
situada no mesmo recinto. Todos actividades deste ano concentraranse no Domingo 19 de Novembro e o igual que nas últimas edicións a degustacion irá acompañada de exposición de cogumelos recollidos nos montes de Entenza que se instalará na parte alta do pavillón , así coma un mercadillo artesanal que dependendo do tempo se instalará dentro ou fóra destas instalacións.
O epicentro da festa, a degustación de cogumelos, realizarase na pista multiusos deste pavillón situado no recinto do centro cultural. Esta edición o menú estará formado por cogumelos o natural, con nata, empanada de cogumelos, croquetas , fajitas e cogomelos empanados, este ano coma novidade intoducirase o “menú vegano”, prepararanse dous tipos de cogumelos, o gusto dos seguidores deste tipo de dieta.
A festa dará comezo ás 12 da mañá coa apertura da exposición e a recepción de autoridades e estará amenizado por actuacións musicais diversas entre elas o grupo “O Son do Furancho”. Este ano debido o gran simbolismo que supón chegar os 25 anos de celebración, so parada pola crise do covid19 no ano 2020, a directiva da Asociación de Xóvenes “A Turonia” decidiu que como pregoeiros ou convidados especiais desta celebracion estexan as persoas que formaron a primeira directiva deste asociación. A Asociación de Xóvenes “A Turonia” así coma os moitos veciños e veciñas que colaboran na organización deste evento agardan a asistencia de gran número de visitantes neste día tan especial.