Proxecto Aldeán: obradoiro de forno artesanal en Fornelos da Ribeira

Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira
Manuel Alfonso Estévez

En plena Estrada provincial, PO. 403 (en desuso oficialmente) – tramo deFornelos da Ribeira, entre Ponteareas e Salvaterra do Miño, no que foraCentro do Sindicato Gandeiro El Progreso, actualmente en reformas, denon ser para a Casa da Cultura nin Centro de Día, como o parecer sepensa, polas razóns que sexan, ofrezo, os seus propietarios, o ProxectoAldeán: Obradoiro Forno Artesanal, cuxa idea é aglutinar, a fortalezade impulsar un proxecto propio, apostando conscientemente polo núcleopequeno que agarre novos métodos, como as redes sociais, que atecnoloxía faculta para chegar a unha visibilidade que sería a mellorinversión para a parroquia, tendo en conta os medios de comunicación,e a conexión – Salvaterra, Ponteareas, Vigo – como referencia. Claroque isto implica un propósito: Ser un negocio no corazón da aldea.

O proxecto achegado a gastronomía tradicional da terra, esencia galega, para facer empanadas, que saben a forno de aldea, con algo de Ceo, roscas de ovos, de Anís… que evocan a tradición artesán do Condado. Seguir e impregnarse da filosofía que implica mimar o lugar na que se asenta, e a colaboración a través de tódalas asociacións sociais da parroquia.

O Proxecto Aldeán: Obradoiro forno artesanal de Fornelos da Ribeira, podería ser unha experiencia única, e destacaría ser o eido de quen busca creacións novas.

Hoxe, o medo xa non está aquí. Non fai falta ir a outros lugares para degustar calidade, deseño, innovación, nin esperar como funcionan outros. Aquí hai un local perfectamente situado para non ir mais aló, e darlle unha volta de chave a porta, para crear con este Proxecto Artesanal, produtos de excelente calidade.

Non é ningunha novidade, ningunha limitación para concibir este proxecto dende a aldea. Antes, nos meus tempos, para comer rosquillas había que ir a Ponteareas, agora xa non. Mais que diñeiro, no medio rural, debían darse facilidades para que este proxecto fora adiante. Un Obradoiro Artesán, con forno, elaborador de empanadas de distintos sabores, doces… e selo xerme dun proxecto para vellos e mozos que apostaran por abrir un lugar onde viven, na parroquia, de San Xoán de Fornelos.

Xa sei que mais dun, dirame que é difícil arrancar pola inversión, a licencia de obra, montar o obradoiro, pero é unha proba mais dun compromiso coa parroquia que conservou este local.

Eu me debo a OWEN que dixo crer que no mundo aldeán, todo ten futuro. Só fai falta facilidades a xente da aldea, non só cartos, hai que facer formación universitaria e profesional, para quen queira ser emprendedor no medio rural.

Eu ben sei como se arranxa o mundo, pero creo que esa sería unha boa forma de empezar.

Meus veciños de Fornelos da Ribeira: Botádelle un pouco de sal a vida!

Eu sei de mozos que crearon plataformas dixitais buscando comer produtos cultivados das hortas a prezo sostible e xusto. Esta plataforma ten rostro e historia. Senten paixón pola aldea, pola artesanía, e reclamaban o seu valor. A gastronomía, é unha das cousas mais importantes que forman o noso patrimonio inmaterial.

En Fornelos da Ribeira, contamos con emprendedores para formar este proxecto aldeá. E, dende o obradoiro de fogo artesán, se pode facer ricos praceres, que apuntan inicialmente.

¿Porque non en Fornelos da Ribeira? ¿As empanadas e os doces non namoran? Pois sería unha iniciativa, que ademais, ofrecería para o obradoiro, organizar feiras, promocións e outras actividades, etc.

Sería o medio por recuperar o Centro do Sindicato, procurando con esta iniciativa unha filosofía de vida, e se consolidaría como un proxecto coherente que animaría a xente desta miña parroquia, verse que a aldeaestá viva.