Para Beti de Guillarei

Beti Guillarei

Compañera usted sabe,
que puede contar conmigo
no hasta dos o hasta diez
sino contar conmigo

Mario Benedetti

O pasado mes de decembro leveille persoalmente a derradeira Peneira á nosa amiga Beti de Guillarei. Ela levaba desde abril do 2018 acompañándonos sempre, de maneira ininterrompida, todos e cada un dos meses. Primeiro co bar Puente e nos últimos anos co Bar Sobreiro. As circunstancias do seu camiño vital fixeron que teña que deixar o mundo da hostalaría e iniciar unha nova andaina para a que lle desexo, desde o máis profundo de min, todo tipo de sorte e éxitos desde o principio ata á fin. Nós non poderiamos existir sen a compañía de persoas como Beti: amable, cordial, solidaria e comprometida. E na hora da despedida quixera darlle as grazas, inmensas como o máis inmenso dos océanos, pola súa compañía todos estes anos. A nosa relación comercial cesa pero sempre que ela queira terá un oco nas nosas páxinas e nos nosos corazóns.

Saúde e sorte Eli e familia.