Non pasou nada. Nin a campaña ilusionante do BNG, nin o estado da sanidade, nin a depredación eólica, nin o secuestro da tele pública. Nada tivo pulo dabondo para mudar a intención dun electorado galego que unha vez máis amosou que non quere que lle movan os marcos. Galiza está practicamente dividida en dous. Unha parte aférrase ao que hai. Debe rexerse, non sei, pola máxima de que máis vale malo coñecido que boa por coñecer, mentres outra metade devece tan forte polo cambio que apoia con folgos a quen cre que llo pode dar, neste caso o BNG. […]