Manuel Alfonso Estévez
Parece non ter importancia nin mais significación que o pouco que poden representar o simple decorrer do tempo. Sen embargo, ¡Cantas inquietudes! ¡Cantas esperanzas! ¡Cantas realidades concretas…! E por que non dicilo: ¡Cantas aspiracións quedadas na beira do camiño!
Ilusións e obras, intensas esgotadas sen florecer.
A vida dos nosos homes e mulleres, rexida polas leis biolóxicas na que o tempo sinala inexorablemente: Nacemento, crecemento e morte. Ten felizmente a súa prolongación na creación colectiva vixente mercé a permanente renovación dos valores individuais que a informa e compón.
Así os nosos homes e mulleres emigrantes na América fundaron, entre outros:
– ACCIÓN GALLEGA (1.909), como órgano dos movementos agrarios e anticaciquís na Galiza do século XX.
– El Despertar Gallego (1.922) como órgano mensual da Federación de Sociedades galegas, agrarias e culturais na República.
– El Heraldo Gallego (1.874), xornal publicado en Ourense, órgano das colectividades galegas en La Plata (1.906 – 1.950).
– El Eco de Galicia (1.851) en Santiago de Compostela e latino América, fundado por Antonio Neira de Mosquera.
– Correo Gallego (1.878) en Santiago de Compostela centrado nos acontecementos da Galiza. En Ferrol, fundado por José María Abinza, etc.
– Nova Galicia, editada en Barcelona promovida por Castelao, e financiada polo Comisariado da Generalitat Catalana. baixo a dirección de Rafael Dieste, con colaboradores como Basilio Álvarez, Blanco Amor, Cabanillas, Cuadrado, Rey Baltar, Suárez Picallo, Seoane, Colmeiro, etc.
– Suevia revista rexionalista publicada por Manuel González González no 1.918 por novos literatos modernistas, en Santiago de Compostela, con grandes colaboradores e dirixida por Joaquín Pesqueira, entre 1.913 a 1.916.
– Céltiga (1.924-1.932) revista da emigración galega na Arxentina, editada en Bos Aires, dirixida por Eduardo Blanco Amor, Pulpeiro e Suárez Picallo.
– Mundo Gallego, revista do Centro de Galicia de Bos Aires.
– A Fouce (1.926) de carácter independentista voceiro da Irmandade Nazonalista Galega en Bos Aires, e logo da Sociedade Nazonalista Pondal ata xullo do 1.936.
– Galeuzca, integrante da necesidade de articular un bloque tridicional solidario fronte o centralismo.
– Opinión Galega (1.945-1.965) editada en Bos Aires polo Centro Ourensán e Pontevedrés en en pro da Galiza. Dirixida por Rodolfo Prada, Saco e Avelino Díaz, contando con Alfonso R. Castelao, Otero Pedrayo, Aquilino Iglesias, Borobó, Ben Cho Shei, Del Riego e moitos outros.
– El Orensano ( 1.860) de ámbito moral e material editado por Agustín Moldes.
– El Orensano (1.944) editado en Bos Aires polo Centro Ourensán.
– El avisador Orensano (1.878) publicado en Ourense.
– El Maestro Orensano (1.903 – 1.929) editado en Ourense dedicado a Ensinanza primaria pública oficial e non oficial.
– El Lérez (1.942) revista del Centro Pontevedrés de Bos Aires.
– EL TEA, nado en Ponteareas, como seminario independente (1.908 -1.936) e editado logo despois en Vigo e Pontevedra. Substituído por EL UMA defensor de los intereses do distrito de Ponteareas. Absorbido porEl Agro Celta, decenario defensor de intereses agrarios.
– EL ECO DEL CONDADO (Salvaterra do Miño, 1.926-1.931) nado naparroquia de San Juan de Fornelos, polo párroco don Anselmo Vázquez Estévez, destacando as colaboracións de don Rogelio Estévez Cambra, e a aportación de poemas de José Rey González, Rosalía de Castro, Valentín Lamas, Carmiña Ptieto, Barcia, Cabanillas, Lago González, Rodríguez Elías, etc. así como Contos de Camiño e Contos da terra ata 1.931.
– Orientación Gallega (1.962-1.965) co lema: Todo pola liberdade e democracia. Órgano de expresión da Unión Federal Galega Democrática, dirixida por Cándido A. González.
Todo coa evolución que impón a renovación, porque o progreso implica novas concepcións, distintas formas de encarar problemas e arbitrar solucións, porque aquel facer societario que onte era válido, hoxe non é tanto. Todo é relativo. A experiencia do pasado debera funcionar no
presente para proxectar o futuro, pero xa vedes o que hai.
Hai, non obstante, algo de valor imponderable que é a esencia espiritual que formou aquel mundo vital que era Galiza.
Esta Galiza nosa, terra e nai, que nos infunde a fe a tódolos, continuadores e guías.
Galiza e a súa tradición, a súa cultura, o seu espírito universal, e o pobo da América foi o vínculo que nos uniu, e a forza que os impulsou.
Para todos eles vai esta ollada retrospectiva a través de A Nova Peneira (A nosa), antesala da efectividade.
Eu miro hoxe o 14 de Febreiro do 2.024 con todo entusiasmo observando como aqueles nosos irmáns alén do mar, con vida precaria puideron en acción activa a colectividade galega.
Dende aquel caciquil ruín e traidor modo de vida, a sorte de vivir un cambio na Galiza en xeral, que beneficiará a todos, sen excepción, está obrigado acudir as urnas a votar para poñer neste cambio unha nova e valente responsabilidade da Galiza Universal.
Será unha labor común e grandiosa mantendo a diversidade de pareceres e criterios, sempre dentro da terra de Rosalía e Curros, que é a nosa terra, na que habitamos
De aquí saíron eses homes e mulleres con solvencia moral fronte o movemento político xustificando a necesidade do cambio.
Hoxe temos entornado a porta para abrir a Galiza de par en par, chamando a todas e todos para compartir plenamente os principio irrenunciables para quen desexa participar.
Que cheguen para todos os nosos irmáns galegos, estas miñas expresións, como colaborador de A Nova Peneira ¡A nosa! Que nos manten ergueito o alento e o corazón en honor da Galiza.