O vindeiro 25 de maio, de mañá lembraremos ao guerrilleiro de Corzos-A Veiga Alfredo Yáñez Domínguez “O Aguirre” no mesmo adro da ermida de Santo António onde está soterrado de xeito anónimo. Ao tempo, farémoslle á veciñanza de Sernande e contorna unha agradecida homenaxe pola súa acollida solidaria, que salvou non poucas vidas e posibilitou a delongada supervivencia da guerrilla na zona.
Pola serán, na Casa da Viúva de A Gudiña terá lugar unha interesante xornada onde as historias recollidas nas Portelas sobre os presos políticos obrigados a traballar no camiño de ferro, terán boa
compaña co relato das vicisitudes da primixenia insurxencia que contribuíron a forxar a singular Federación de Guerrillas de León-Galicia.

Lembrade, o día 25 de maio tendes unha cita en Sernande
