Abre a convocatoria de participación na Sección Escolas do FICBUEU 2024

FICBUEU

O prazo de inscrición estará aberto ata o 20 de xuño

Poderán participar centros de ensino desde Educación Especial, Infantil, Primaria ou Secundaria ata Facultades e outros Centros de Formación

Bueu, 30 de abril de 2024

O FICBUEU anunciou hoxe a apertura da convocatoria da súa sección escolas para a 17ª edición do festival.

Tratase dunha sección que dende hai varios anos configura un espazo dentro do certame adicado ao traballo audiovisual que se está a realizar nos centros de ensino e nas facultades e centros de formación.

A Sección Escolas conta con tres categorías competitivas: Educación Especial, Infantil e Primaria e Educación Secundaria (ambas para os centros galegos) e Facultades e Escolas de Cinema (aberta tanto a institucións internacionais como de toda Galicia).

As bases da convocatoria e o formulario de inscrición das curtametraxes
poden atoparse na páxina www.ficbueu.com/minific que permanecerá dispoñible dende o 1 de maio ata o 20 de xuño, día no que pecha a participación.

Poderán inscribirse todas as obras audiovisuais realizadas durante os cursos escolares 2022/2023 e 2023/2024 que non teñan participado no certame en pasadas edicións e pertenzan a calquera centro de ensino, facultade ou escola de formación audiovisual con sede na comunidade galega, coa excepción das escolas de cinema internacionais.

As obras seleccionadas para conformar a Sección Escolas FICBUEU 2024, serán anunciadas no mes de agosto de 2024 e poderán optar a un dos catro premios da sección: Mellor Curtametraxe de Educación Especial Infantil e Primaria (Trofeo e material audiovisual por valor de 150€)

Mellor Curtametraxe de Educación Secundaria (Trofeo e material audiovisual por valor de 150€) Mellor Curtametraxe de Escolas Internacionais (Trofeo e 250€) e Mellor Curtametraxe de Escolas de Imaxe e Son e Facultades Galegas (Trofeo e Formación audiovisual por valor de 250€)

As curtas gañadoras coñeceranse durante Gala Escolas Galegas FICBUEU 2024 que terá lugar en setembro durante a semana do MiniFIC en colaboración con Kalandraka e a Fundación Novas.

www.ficbueu.com

Primer comentario

Deixa a túa opinión