Manuel Alfonso Estévez.
As veces me pregunto: ¿Que son as asociacións veciñais e para que serven? Si a maior parte delas están sen actividade algunha, cando deberían estar afrontando os problemas e velando polos intereses do barrio ou parroquia dun modo voluntario e sen ánimo de lucro.
E, penso que son útiles para:
– Mellorar e preservar a calidade de vida dos veciños.
– Para xerar cohesión social, e mellorar a convivencia veciñal.
– Fomentar a participación en asuntos que favorece o barrio ou
parroquia.
– Defender e manter dereitos e servizos: Educación, auga corrente,
electricidade, vivenda, transporte e dotacións nos eidos e rueiros.
– Intervir en nome dos veciños.
– Velar e potenciar a cultura, a memoria histórica.
– Defenderse dos de abusos …
– Utilizar o movemento veciñal nas asembleas xerais, para tomar
decisións …
E a partir de aí, organizarse en grupo de traballo en función da necesidades e prioridades de cada momento.
As Asociacións veciñais e culturais, son necesarias e imprescindibles para o desenrolo da democracia, para o fomento do tecido social, para transformar os nosos eidos e rueiros, como verdadeiros actores e protagonistas das melloras das nosas parroquias. E non debemos nin podemos deixar que os poderes públicos ou políticos, sexan os que tomen as decisións. É unha obriga.
Mai dun non sabe ou non quere saber para que serve unha Asociación Veciñal e Cultural. É, ¡Unha pena! E, non deixa de ser unha ferramenta, para fomentar a convivencia dos veciños, afrontando
problemas e velando por ser útiles.
As actividades que poden ser útiles son:
– Axudar a xente maior e relacionalos con Asuntos Sociais.
– Recollida de libros, concertos e actividades varias.
– Intervención entre veciños e concello, para resolver os problemas do barrio ou parroquia.
– Actividades e talleres, para maiores.
– Culturais: Visitas, concertos, exposicións, encontros …
– Deportivos: Trofeos e actos deportivos varios.
– Salud: Conferencias e talleres de formación, cociña …
O papel de educadores na asociación, son parte importante na mesma.
A evolución do “movemento veciñal e social” se caracterizou pola contradicións e as súas relacións con os diferentes órganos e administracións. Coa chegada da democracia e os profundos cambios sociais, apareceu o tecido asociativo que de certa maneira modificou as reivindicacións e actuacións deste movemento clásico.
Hoxe, estas Asociacións veciñais e culturais se orientan a un modelo novo que xunto as demandas tradicionais, se suman a outras cuestións de convivencia. Esta nova orientación ten orixe na preocupación veciñal, sobre todo nos espazos de actuacións. Asi, as Asociacións Veciñais deixando atrás as combinacións transformadoras sociais, vanse enmarcando – cada vez mais – en iniciativas solidarias, en beneficio do benestar xeral.
E, meu deber lembrar aquí, a evolución do asociacionismo xeral, onde puiden percibir o orixe, incorporado a fortes reivindicacións en épocas franquistas. Hoxe, a democratización transformou politicamente todo, e os concellos tratan de incorporar as carencias que ignoran dos eidos e rueiros das parroquias ou barrios. E, foron precisamente, estas carencias, as que serviron de orientación a estas asociacións veciñais e culturais, para abrir de par en par as fiestras de cada eido.
Hoxe, estas asociacións veciñais e culturais, son as pezas clave no escenario político e social. Son a chegada da democracia como compoñente social, na creación dunha nova cultura política, con apoio popular eliminando o argumento caciquil da aldea.
Eu que son un home de aldea, no teño mais que dar as grazas a etapa da xestación do movemento veciñal e cultural, e dar as grazas A Nova Peneira ¡A Nosa!, por ofrecer este espazo de participación, superando os vellos temores dos anos de fame e miseria.
As Asociacións Veciñais e Culturais, son verdadeiras escolas de democracia, e fan que estean presentes no crecemento de cada barrio ou parroquia. Penso, tamén nos Concellos prestando servizos, que moitas veces, pasan a formar parte das institucións e partidos políticos,traballando neles, a pesares das divisións e do minifundio político das subvencións, pola domesticación existente.
Recuperar o protagonismo, reclama un proceso de educación, con obxecto de desenrolar convivencia en democracia, en igualdade e en obxectivos comúns, para toda a comunidade.