Mos 29 e 30 de Xuño
Os vindeiros 29 e 30 de xuño celebrarase a 3º edición do festival Saúde Natural no pavillón Óscar Pereiro de Mos. Este evento vai reunir a un bo número de especialistas en distintas terapias naturais, que durante dous días van desenvolver charlas e obradoiros para que as persoas que asistan teñan a posibilidade de coñecer os seus métodos e resultados. A alma máter desta edición é Noelia Conde, unha moza de Torroso, terapeuta desde hai nove anos que neste momento exerce de presidenta do Consello de Naturópatas de Galicia. Ela comezou a súa formación nesta disciplina despois de comprobar en si mesma os seus efectos , pois inicialmente foi paciente. E despois de terse beneficiado das terapias recibidas decidiu formarse e dedicarse a isto. Velaí vai o programa do evento:
Sábado 29
11:00-Apertura
11:45-Sara Hermelo: Comunicación animal- 12:30-Yolanda García:Intestino como mestre
17:00-Eva López: A transformación a través da cura dos antergos-17:45-Alejandra Cabaleiro:Constelacións familiares
18:30-Rubén Rodríguez: Deseño humano e autocoñecemento-19.45-Carmen Romanelli:O cerebro e a liberdade de conciencia
OBRADOIROS
11:00-Obradoiro para nenos:Sintonizando co noso ser
11:30:Primeira menstruación. O ciclo menstrual-11:30 Obradoiro de pilates con Alma Mudra
12:15-Obradoiro para nenos:Sintonizando co noso ser
16:00-Obradoiro para pais e fillos:Conexión cos fillos
16:30-A caixa de primeiros auxilios da naturopatía
17:00-Obradoiro para pais e fillos;Conexión cos fillos-18:00 Tatarina:Conta Contos
19:00 Obradoiro de Ioga: Alma Mudra-20:00 Obradoiro de meditación con instrumentos chamánicos.
Domingo 30
11:00-Daniel Sotelo:A masaxe aiurvédica-11:45-Dtra Olalla Otero: O mundo dos probióticos
12:30 Dtr Juan Núñez: Xaxún intermitente. Volver vivir-17:00 Jordi Sanz:3 Chaves para xestionar medos no subconsciente
17:45-Sonia Lorenzo:Xestión do estrés con aceites esenciais-18:30-Noelia Conde:Como axudar aos nenos con dificultades na aprendizaxe e comportamento
19:45-Mari Carmen Perea:Regreso á orixe a través da auga
OBRADOIROS
11:15-Obradoiro para nenos:Sintonizando co noso ser-11:30-Obradoiro básico:Iniciación á Radiestesia
12:00-Obradoiro práctico:Alimentación viva-12:15-Obradoiro para nenos:Sintonizando co noso ser
16:00-Obradoiro para pais e fillos:Conexión cos fillos-17:00-Obradoiro de remodelación cerebral: A través do movemento
18:00-Obradoiro de pais e fillos:Conexión cos fillos
20:00-Obradoiro de viaxe de son: Con Hand Pan
