Bota a Andar a Comunidade Eléctrica de Salceda

Xornadas enerxéticas Salceda
Xurxo Gregorio - Politólogo
Xurxo Gregorio – Politólogo

Os problemas que a produción enerxética provocan na nosa economía e na sociedade en xeral levan á necesidade de crear xeitos alternativos económicos e máis eficientes de producir enerxía. Faise preciso o aproveitar as posibilidades que o propio medio nos dá como son as enerxías solar, eólica, hidráulica ou inclusive sobre todo nas zonas rurais co aproveitamento da biomasa e residuos e sobre todo facelo desde pequenos grupos buscando aforrar en custes e o menor impacto posible no medio.

As comunidades enerxéticas son proxectos de participación cidadá que buscan a participación dos veciños e veciñas na produción da súa propia enerxía, que cada un aporte algo para a produción da comunidade para a súa posterior distribución a cada un segundo as súas necesidades. As comunidades permiten o aproveitamento para autoconsumo de todas as vivendas sitas ate a dous quilómetros do lugar onde se produce a enerxía o que evitaría a necesidade de que cada un tivese a súa propia instalación e así crear sinerxías que o que pretenden e abaratar custes para todos os participantes limitar o impacto visual que suporía a colocación de paneis en todas as vivendas ademais de darlle oportunidade a persoas residentes en pisos de formar parte da comunidade, xa que non todo o mundo ten onde colocar placas solares ou outras fontes de produción de enerxía.

A idea da Comunidade Enerxética de Entenza nace das ansias do veciño de Entenza, Demetrio Requejo de impulsar unha forma de crear enerxía para os veciños de Salceda dun xeito limpo e que lles permita baixar os custes eléctricos. A este tipo de comunidades poderían adherirse ademais de vivendas particulares calquera tipo de negocio e pequenas industrias onde cada unha debería participar segundo o seu consumo, é dicir, na comunidade cada un establece o consumo que require precisar e aporta e recibe esa mesma porcentaxe.

A Comunidade Enerxética de Salceda como outras que se están a constituír busca formar parte da denominada Transición Enerxética, que trata ademais dun cambio na forma de producir enerxía nun cambio cultural de como usar esta. É unha transformación na que cada unidade produza a enerxía precisa para si mesmo co menor impacto posible e se distribúa o excedente sobrante.

A comunidade que bota a andar co apoio do Concello de Salceda que se compromete a ceder os teitos das súas instalación a cambio da cesión dun 5% da produción de enerxía para familias en situación de pobreza enerxética e agarda contar co apoio de diversas asociación e colectivos da localidade coma comunidades de montes e asociación de veciños para poñerse a funcionar. O obxectivo inicial e comezar usando os tellados de diversas instalación municipais coma pavillóns, así coma os edificios dos diversos colectivos como centros culturais e centros sociais como centros de produción de enerxía solar e así ir creando núcleos de produción os que poidan adherirse os veciños situados ate a dous quilómetros do centro produción.

As comunidades enerxéticas contan con fondos da Unión Europea para a súa constitución de ate o 60% a través do Plan de recuperación e Resiliencia, C7R3. O obxectivo do grupo tractor é optar a todas estas subvencións para as cales a Galicia correspóndenlle 1500 millóns de Euros así como se é preciso ao financiamento de diversas entidades de crédito que ven neste tipo de iniciativas a posibilidade de fomentar o aforro, os cálculos realizados polos expertos que colaboran co grupo que inicia o proceso de constitución calculan un aforro de ate 120 Euros anuais inicialmente na factura da luz que poderían chegar ate 800 dados os actuais prezos da enerxía.