Lazoiro celebra o seu décimo aniversario cunha curtametraxe

Asociación Lazoiro

Foi presentada nunha cea cos socios e colaboradores

A Asociación Lazoiro acaba de publicar unha curta que recolle os dez primeiros anos da asociación, que van dende o 2013 ata o 2023. A presentación fíxose nunha cea onde participaron socios e socias ademais de persoas que participan habitualmente nas actividades.

Cunha duración de 15 minutos, está composta por unha serie de preguntas aos seus colaboradores separadas en bloques temáticos, onde se repasa toda a historia de Lazoiro, dende os seus inicios ata os proxectos máis importantes como Memoria de Salvaterra, Proxecto Ríos ou incluso como entenden que axudou na participación vecinal en Salvaterra.

Ademais de para lembrar todo o traballo realizado, ten como finalidade servir de agradecemento para todos aqueles que apoiaron e colaboraron coa asociación neste tempo. Dende Lazoiro afirman que “o obxectivo da curta é recoller os dez primeiros anos de traballo da asociación dunha forma bastante sintetizada e resumida, e por suposto, darnos impulso para outros dez anos”.

A curta pode verse en https://lazoiro.org/, no Facebook de Lazoiro https://www.facebook.com/Lazoiro/ ou en youtube:

Salvaterra de Miño, 19 de xuño de 2024

A cerca de admin 50 Articles
Xornal galego de información xeral Publicación mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.

Primer comentario

Deixa a túa opinión