Buscando local para a sede social da asociación veciñal de Fornelos e Lourido

Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira

Se leva tempo buscando un local, para a sede social da Asociación Cultural e Veciñal de Fornelos e Lourido, sen resultado positivo, para que sirva de motor as iniciativas sociais e culturais da mesma. Por falta de local, non se pode mellorar as relacións sociais, nin participar dunha mellor capacidade de vida cos veciños, nin potenciar a creación de boas relacións entre o Concello de Salvaterra do Miño, nin ter servizos para o tecido social, capaz de facilitar os procesos democráticos de participación e inclusión social. A falta da Sede Social, evidencia a falta de compromiso do Concello de Salvaterra coa participación cidadá, que debera de proporcionar dependencias – como así o fan outros concellos –, para que os cidadáns poidan participar nas accións organizativas da Asociación Veciñal, mais aló dos aspectos legais, polo importante que é na parroquia, para a realización de actividades, lugar de encontro, promoción e participación activa dos veciños e seus respectivos lugares da parroquia.

Fornelos da Ribeira e Lourido, como anexo, historicamente, sempre tiveron moitas ganas de tomar parte nos procesos de participación noutros tempos, organizando actividades e creando ilusión nas xentes. E pedimos o Concello de Salvaterra, axuda necesaria para a localización, ou en su caso, construción da Sede Social, como elemento de unión, con obxectivos específicos, para poder estimular a creatividade, participar en cantas actividades culturais, teatro, música, recitais, certames literarios e outras iniciativas propias en familia, romarías e festas populares.

Información e orientación de actividades e servizos básicos, potenciar valores como o civismo e respecto o entorno, o estar situado nun local adecuado para a realización de todas as actividades que os veciños reclaman.

Necesitamos un local que enlace os veciños coa Asociación e Concello. Un proxecto de acceso a internet gratuíto, local para o desenrolo de actividades tradicionais, onde se poidan facer cursos de pintura, lectura con biblioteca, salón de actos, para a realización de charlas, conferencias, con espazos para os xoves, sala de convivencia e actividades infantís.

Necesitamos para elo, axuda e subvencións, tanto a nivel local, como municipal e da Deputación e Xunta de Galicia, para satisfacer os socios e veciños en xeral, dun local preparado para os diversos usos: Salón de Actos, sala de actividades, sala de lectura e ordenadores, esperando do Concello de Salvaterra, Deputación e Xunta de Galicia, aporten economicamente a axuda necesaria, para obter o local social, tan necesario como importante, ante tantos inconvenientes, para poñer en marcha esta iniciativa orientada a apoiarse no traballo e non vivir de prestado,baixo a Carballeira das Fraguiñas, tantos anos. Necesitamos prioritariamente un local, sexa alugado ou en construción, para tecer diversidade, convivencia, solidariedade veciñal, e impulsar o respecto entre os veciños e veciñas que viven na parroquia. Eu me sinto avergoñado observando como a desidia, e o abandono do patrimonio histórico da parroquia se perdeu; como os dereitos do Concello de Fornelos que lle asistían tamén se perderon. Como se perderon os dereitos da Escola de Nenos, no Casco, e como o ben patrimonial da Escola de Nenas, desapareceu, por obra e graza do abandono dos veciños que non souberon defendelo, amén da sede social do sindicato El Progreso, convertido en niño de paxaros, por obra e graza dos seus propietarios. E do Concello de Salvaterra, que non pretende resolvelo en favor da Asociación Cultural e Veciñal,de Fornelos e Lourido, para que siga baixo o paraugas da Carballeira das Fraguiñas, para as súas reunións sociais. Vergoña me da, como veciñas e veciños se contentan coa Carne o Caldeiro, cada ano e nada mais. E non sei si tocará este
ano ou non, pero o que me parece raro é a falta de intelixencia – non de agora – daqueles homes da Concordia e Juventud Progresista, para votar andar, como Deus manda, esta realidade apática, por moito que loiten os compoñentes directivos, si non hai mais que ignorancia e trampas políticas para non buscarlle unha solución a Sede Social da Asociación.

Manuel Alfonso Estévez, fillo de Fornelos