- O PP local advirte de que esta medida é obrigatoria ao ser ditaminada pola Comisión Delegada do Goberno para Asuntos Económicos do 24 de xuño e cre que confirma a “mala xestión das contas que vimos advertindo e a falla de confianza en Digna Rivas para sacalas adiante”
- “Só catro concellos da provincia foron incluídos neste plan fronte aos impagos e Redondela ten, de longo, a cifra máis elevada, polo que o Estado vainos detraer cartos e iso vai prexudicar moito aos veciños polos recurtes en investimentos e servizos”, lamentou Ana Alonso
Redondela, 2 de xullo de 2024
O Goberno de España vén de incluír ao Concello de Redondela, de xeito obrigatorio, no Procedemento de Pago a Provedores 2024, polo que, de facto, vai asumir esta parte da xestión económica do municipio para tratar de solucionar os impagos actuais, que se elevan ata os 3.370.184 euros, segundo denunciou hoxe o grupo municipal do PP.
“A incompetencia xeral do goberno de Digna Rivas, pero especialmente a económica, que vimos denunciando durante bastante tempo deixou de ser unha cuestión de denuncia partidista e xa é oficial”, lamentaron os populares, que revelaron que a inclusión de Redondela, por primeira vez na historia, no Procedemento de Pago a Provedores do Estado foi ditaminada pola Comisión Delegada do Goberno para Asuntos Económicos celebrada o pasado 24 de xuño.
Para o PP local, esta medida confirma “a mala xestión das contas do Concello que vimos advertindo desde hai tempo, vai ocasionar graves prexuizos para o municipio e os seus veciños que o notarán nos vindeiros meses” , pero ademais engadiron que a toma de control dos pagos por parte do Goberno central confirma a “absoluta falla de confianza en Digna Rivas e o seu equipo por parte dos seus propios compañeiros de partido en Madrid para sacar adiante estas obrigas e abonos de facturas”.
En concreto, o Goberno de España vai comezar a ordenar o pago destes traballos cos cartos que lle corresponderían ao Concello de Redondela ao abeiro do Fondo de Financiamento das Entidades Locais e, chegado o caso, detraendo as partidas mensuais que se lle abonan ás arcas municipais a través da Participación nos Ingresos do Estado (PIE).
“Só catro concellos da provincia de Pontevedra, tres deles socialistas, foron incluídos neste plan estatal fronte aos impagos e a mala xestión económica e o Concello de Redondela ten, de longo, a cifra máis elevada de todos eles. Por elo, o Estado vainos detraer cartos para facer fronte a estas obrigas e imos recibir unha contía claramente inferior, polo que iso vai prexudicar moito aos veciños polos recurtes en investimentos e servizos aos que nos aboca Digna Rivas porque imos ter menos diñeiro”, lamentou Ana Alonso, que lembrou que esta situación xa se atisbaba posto que cada trimestre ía aumentando con forza o período medio de pago a provedores ata superar os tres meses e as cantidades pendentes de abono a empresas e autónomos que traballan para o Concello.
O Partido Popular leva tempo advertindo e propuxo en pleno un plan de pagos Ana Alonso no pleno do pasado mes de xuño ante o recoñecemento extraxudical de facturas por mais de 3000.000 de euros e valorando a deriva deste concello propuxo levar a pleno estas mais de 3.000 facturas que adebedaba o concello en tres bloques para non demorar mais ainda o pago de todas elas. A súa proposta establecía que o primeiro bloque fosen todas as facturas de autónomos e empresas de Redondela que se atopan nunha delicada situación para facer fronte aos pagos ante a gran demora para cobrar as facturas presentadas no concello. Facturas correspondentes a traballos executados no ano 2023 e algunhas incluso no 2022.
O equipo de goberno xunto co BNG rexeitaron esta proposta e agora nos atopamos con esta situación que xa no pleno Ana Alonso advertiu que ía suceder. Esta é o primeiro paso para unha intervención completa do noso Concello. Ante o enorme incremento do Periodo Medio de Pago chegando a triplicar o prazo no que se abonaban as facturas na época de Javier Bas.
Ao non sair adiante a súa proposta agora nos atopamos con que será o estado o que cos fondos que lle corresponden ao Concello faga fronte a esas facturas.