Asemblea da Plataforma Veciñal contra o Catastrazo -PVC-

Tano Salceda

A Plataforma aborda a situación de anulación da revisión catastral.

O pasado 17 de outubro, no auditorio municipal de Salceda e cunha masiva asistencia de persoas afectadas pola revisión de valores catastrais, os avogados da Plataforma explicaron a situación da reclamación de anulación do catastrazo.

Expuxéronse as pautas a seguir, a partir do fracaso do goberno local na súa tentativa de anular a primeira sentenza, e da segunda sentenza favorábel, o que vén a sentar xurisprudencia en relación ao proceso de revisión efectuado en Salceda de Caselas.

A Plataforma ten garantido o seu alargamento, xa que na propia asemblea anotáronse un terzo máis de persoas co fin de integrarse agora.

O voceiro da Plataforma Tano Guerra, comprometeuse a realizar novas asembleas parroquiais, para facilitar a veciños e veciñas o seu achegamento e integración, o que se fará cun calendario no mes de novembro.