O vindeiro 10 de setembro, as novas instalacións deportivasmunicipais do Campo da Minada acollen o I Pumptrack Nocturno de Mondariza partir das 19:30 horas.
A proba de ciclismo, organizada pola asociación educativa esociocultural Sports Kids en colaboración co Concello de Mondariz,está dividida en catro categorías a partir de 3 anos e rematará cunconcerto de música rap e dj’s.
As inscricións están abertas até o 5 de setembro no sitio webcronotec.es
O circuíto asfaltado de pumptrack construído polo Concello deMondariz no Campo da Minada acollerá o vindeiro 10 de setembro a súaprimeira competición de ciclismo. Trátase dunha proba para bicicletaspropulsadas pola acción humana na que poden participar mozos e mozas detres anos en adiante. O obxectivo desta actividade é “dar visibilidadea estas novas instalacións municipais e promover o deporte urbano entrea mocidade”, afirma o alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros.
Detrás da organización desta proba deportiva está a asociacióneducativa e sociocultural Sports Kids, vinculada á localidade. Oproceso de inscrición está aberto até o 5 de setembro no sitio webcronotec.es, mais as prazas son limitadas e pode pecharse antes se sechegan a completar. Establécense catro categorías: mini (3-7 anos),infantil (8-12 anos), júnior (13-17 anos), adultos (a partir de 18anos). As inscricións son gratuítas para a categoría mini, peroteñen un custe de 5 euros para as categorías infantil e júnior, e de8 euros para a categoría de adultos.
A competición deportiva rematará cun concerto de música rap e dj’s,organizado en colaboración coa asociación de cultura urbana URCAM deMondariz, creada recentemente por mozos e mozas da localidadeinteresados na cultura urbana. “Con actividades como esta taménbuscamos promover a dinamización dos colectivos socioculturais dalocalidade”, comenta Barros, que ademais de alcalde é concelleiro deParticipación Veciñal.
Unhas instalaciones deportivas innovadoras
O cirtuíto de pumptrack de Mondariz foi construído no ano 2021 confinanciación do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra,converténdose naquel momento no circuíto asfaltado de pumptrack máisgrande de Galicia, con 1.200 m² de superficie. Está concebido comounha pista de 180 metros de lonxitude, con ondulacións e curvasperaltadas á esquerda e á dereita que se adaptan ao regulamento de BMXda Real Federación Española de Ciclismo, polo que nun futuro poderíaacoller competicións deportivas profesionais.
Levántase no Campo da Minada, sobre o decrépito campo de fútbol decéspede artificial construído hai dúas décadas e que estivo endesuso por non cumprir as medidas regulamentarias para a competición. Aconstrución do circuíto asfaltado de pump track foi a primeiraactuación do centro de ocio e deporte urbano que ten proxectado oConcello de Mondariz no Campo da Minada para recuperar este importanteespazo público do centro urbano da localidade. Estas instalaciónsdeportivas municipais serán completadas nos próximos meses, no marcodo Plan Reacciona Pontevedra (ReacPon) da Deputación de Pontevedra, quefinanciará as obras con 392.079 euros, o 90% do orzamento previsto.