O PP acusa a Digna Rivas de tapar a súa nefasta xestión cunha subida histórica do lixo de 1.500.000 euros

Javier Bas candidato do PP á alcaldía de Redondela

● Redondela convertirase no Concello da área metropolitana máis caro, superando a Vigo

● BNG cómplice necesario para aprobar esta subida votará a favor xunto con Digna Rivas e AER

● O PP de Redondela oporase frontalmente a calquera Plan de Axuste que recaia exclusivamente sobre as costas dos veciños.

● Digna Rivas sigue mentindo aos veciños de Redondela. Dixo que as contas estaban saneadas e que todas as facturas estaban pagadas en tempo récord, cando a realidade é que a xestión económica é un auténtico caos e teñen que pedir un préstamo de 767.462 euros para pagar as facturas pendentes.

Redondela, 23 de outubro de 2024

O PP de Redondela acusa a Digna Rivas de levar o concello á ruina, e ademáis obrigando aos veciños a que teñan que asumir cos seus cartos a súa nefasta xestión das arcas municipais.

Os populares lamentan que a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, levara ao Concello a unha situación financeira desastrosa, e agora pretende que sexan os veciños quen cargue co custo dos seus erros. En lugar de asumir responsabilidades pola súa pésima xestión, Rivas decidiu aumentar a taxa do lixo nun 40% para as viviendas e con un importe desorbitado para os negocios de traballadores autónomos que apenas xeran lixo, mentres segue malgastando diñeiro público no súa autopromoción e deixando de lado as verdadeiras necesidades do municipio.

Cómplice directo desta situación calamitosa é o BNG, que, movido polo seu odio político, prefere antepoñer os seus intereses partidistas aos intereses dos veciños de Redondela. E agora, una vez máis, vai a ser a muleta que ten Digna Rivas para seguir prexudicando a economía das familias.

O máis alarmante é que, a pesar de dilapidar máis dun millón de euros en subvencións, agora pretende castigar aínda máis aos cidadáns. Non só deberán pagar máis taxas, senón tamén facerse cargo dos 38.000 euros en intereses xerados polo novo préstamo de 767.462 € para cubrir as facturas acumuladas que o seu goberno non puido pagar

Digna Rivas mentiu sistematicamente aos veciños de Redondela, asegurou que que o Ministerio de Facenda non interviñera os pagos do Concello, cando a realidade demostra que sí o fixo. Dixeron que as contas estaban saneadas e que todas as facturas estaban pagadas en tempo récord, cando a realidade é que a xestión económica foi un caos absoluto. Hoxe, o panorama é máis sombrío xa que o Concello viuse obrigado a pedir un préstamo de 767.462 euros e a remitir un Plan de Axuste ao Ministerio, cuxas consecuencias caerán sobre os ombreiros de todos as veciñas e veciños de Redondela.

Este goberno levou a Redondela á ruína. Todo o que se logrou co goberno do Partido Popular perdeuse:

⮚ Antes, baixáronse os impostos e as taxas. Hoxe, sóbense sen xustificación.

⮚ Eliminouse a débeda bancaria, mentres que agora acumúlanse débedas sen control é teñen que pedir un préstamo para pagar as facturas pendentes.

⮚ Melloráronse as parroquias, que agora están abandonadas.

⮚ Conseguíronse millonarias subvencións, que baixo este goberno pérdense por incompetencia.

⮚ Redondela foi líder en transparencia; hoxe, reina a opacidade e o engano.

⮚ O prestixio institucional do Concello desapareceu.

A incompetencia de Digna Rivas e o seu equipo é evidente e os veciños non poden seguir soportando as consecuencias da súa ineptitude. Por iso, dende o PP de Redondela exisexe a dimisión inmediata e en bloque de todo o goberno local, comezando pola alcaldesa como máxima responsable de esta calamitosa xestión municipal.

“Redondela necesita un cambio urxente, un goberno que de verdade defenda os intereses dos veciños e non sexan castigados continuamente para que Digna Rivas siga mantendo un sillón e un salario que non merece”, indicaron fontes populares