
Foi o “esquerdista” Obama, é dicir EEUU, quen comezou a guerra na Ucraína en 2014 organizando un golpe de estado para poñer un goberno servil aos seus intereses. Unha operación onde empregaron grupos nazis como forza de choque para amedrentar á poboación. Comezaba así a guerra interposta da OTAN contra Rusia, verdadeiro obxectivo deste conflito.
Os que se resistiron foron masacrados, encadeados, ilegalizados, e a poboación do Donbass foi bombardeada polo exercito e as milicias nazis ucraínas. Un goberno afoutado co apoio unánime das “democracias occidentais” lanzouse á eliminación física dos rusos no su país. As 14.000 vítimas, maioritariamente civís, provocadas por estes nazis non tiveron cabida nos medios de comunicación do occidente “civilizado”.
O intento de solución mediante os acordos de Minsk foi un engano, como recoñeceu Angela Merkell, para seguir rearmando Ucraína coa finalidade de darlle o golpe final á resistencia no Donbass e poder ir máis alá.
O 24 de febreiro de 2022 Rusia iniciaba a súa Operación Militar Especial. É evidente que non foi unha decisión improvisada, o goberno ruso preparouse a conciencia para iniciar unha guerra contra os países da OTAN, tanto militar como economicamente. A súa economía de guerra está resistindo moi ben, substituíndo o mercado da UE por outros países como China ou India, parceiros de Rusia nos BRICS.
A esta guerra sumáronse con entusiasmo a maioría dos países da UE, Inglaterra e Noruega, obedecendo as ordes do amo estadounidense. Como eses chulos que se ven amparados polo matón que vai detrás deles no patio do colexio, lanzáronse a impoñer sancións económicas, enviar armas e a financiar a guerra do goberno nazi de Kiev.
Rusia gañou a guerra.
Porén, a vida da moitas voltas e despois de anos de guerra o matón estadounidense quedou sen folgos, os ucraínos sen exercito, os arsenais sen tanques e avións.
EEUU non ten a capacidade militar nin económica para manter unha guerra de desgaste como a que está a levar adiante Rusia, e moito menos os países da UE que teñen exércitos de xoguete.
Rusia deixou que o exercito ucraíno se fose desgastando, que os países occidentais foran reducindo o seus arsenais e as sancións económicas tiveron un efecto búmerang para os países da UE.
Trump é un fachendoso millonario cun discurso fascista, pero representa a unha parte do capital estadounidense que quere evitar a bancarrota dun país sobre-endebedado e que ten que importar moito máis do que produce. A guerra é un pozo sen fondo para EEUU, e saben que non a poden gañar.
O espectáculo en directo con Zelensky e os desplantes á UE son unha posta en escena para deixarlle claro á UE que ten que asumir en solitario o custe da guerra ucraína. Ante o fracaso da estratexia de acoso e derribo de Rusia o matón deixa sos aos seus lacaios europeos que seguen apostando pola guerra. Non o fai por bondade, faino coa finalidade de prepararse para a próxima guerra que terá como obxectivo China, o verdadeiro inimigo dos EEUU, deixando en mans dos europeos o acoso a Rusia.
Temos uns psicópatas dirixindo a Unión Europea e a maioría dos gobernos dos estados membros?
Estamos dirixidos por xente sen escrúpulos ao servizo dun capitalismo salvaxe que pode levarnos a unha nova guerra mundial onde non haberá gañadores. Rusia é unha potencia nuclear que ten a capacidades militares moi superiores. É evidente que non pode ser derrotada militarmente, e prolongar esta guerra só responden aos intereses económicos.
Como se explica que Von der Layen presenta un paquete de “defensa” de 800.000 millóns de euros para continuar a guerra. De onde van saír todos eses cartos? De onde vai sacar Pedro Sánchez, o presidente do goberno máis progre, os 1.000 millóns de euros anuais durante dez anos para axudar militarmente a Ucraína? Está claro que dos nosos petos e do noso sufrimento. Imos ter recortes no gasto social: hospitais, residencias, escolas, prestacións, xubilacións, vivenda social etc. O noso empobrecemento alimentará a fabricación de tanques e bombas.
Marín, 4 de marzo de 2025.
Asdo.: Pedro M. Cortegoso Gago.
