A estupidez política non ten límites

Ana Hermida. Asociación Lisístrata

Están facendo crer ás masas que Europa debe defenderse e rearmarse fronte a un ataque hipotético de Rusia, e xa que polo visto EEUU vai abandonar a defensa do vello continente, hai que estar preparadas para ir á guerra.

A idiotez política e humana é incríble, as masas son moi manipulables, son anos de políticas de desgobernos que fixeron tan ben o seu traballo, que convertiron a animais racionais e con intelecto e pensamento en simples seres aborregados e dirixibles, eso de pensar é un perigo para quen desgoberna.

Así que temos os peores políticos da historia no peor momento, como exemplo, ademais das cercanas como nos concellos (que non hai como collelas pola súa deformación, que non formación, e a súa nula ética nin empatía), temos desdirixindo ao planeta a xente á que non lle funciona moi ben a cabeza, seica a eses seres ineptos con esas poucas capacidades chámanlles tolos, pois aí están como exemplo de mandatarios Donald Trump e Vladímir Putin, que xoias!

Digo eu que poden facer como Xerión e Hércules, que pelexen entre os dous, así debera ser. Pero non, hai intereses económicos dabondo para que se lles peguen como lapas eses vultos sospeitosos, que son clons perfectos dos seus amos. Pois esta xente de tan estupenda preparación é a que vai levar ao planeta á súa destrución. E todo polos CARTOS, un ataca ao outro polos intereses económicos e así está China, EEUU, Rusia, India e a vella e perdida Europa, que nun tempo foi referente e hoxe está envellecida no humano e no tecnolóxico, o que foi e o que é! só sabe regular, eso dáselle moi ben, mira para outro lado mentres as potencias doutros continentes invisten e tecnoloxía.

E así estamos neste curruncho do mundo, desgobernado por xente reguladora que nos di que contaminamos moito e hai que salvar o planeta, así que o que van facer é rearmarse ata o dentes para destruír este planeta verde e azul.

De onde sacará OITOCENTOS MIL MILLÓNS DE EUROS que según a iluminada Ursula von der Leyen quere investir Europa en armamento?

Pois o gasto vai recaer en cada país europeo, que terá que elevar o seu presuposto militar non un 2%, como era o usual, senón nun 3,5% ou máis. Como se sufraga este incremento? Pois aumentando a DÉBEDA, incrementando IMPOSTOS e RECORTANDO O GASTO SOCIAL.

Di Emmanuel Macron que teremos que facer sacrificios, todo sexa pola guerra e por destruír o mundo! Así que a poboación europea, di o gobernante francés, vai ter que aceptar que o ESTADO DO BENESTAR E O GASTO SOCIAL vai desaparecer tal e como o coñecemos.

Pois ben, quen lidera cada país europeo e quen está na toma de decisión da Comisión Europea, deberan ir a Chernóbyl á xogar á guerra, pero sen involucrar á poboación. O mundo enteiro agradecería tal xeneroso xesto.

Sempre nos queda a fe no ser humano, cando xurden grandes problemas, xurden tamén grandes actos, e de grandes catástrofes saen tamén grandes solucións.

Haberá que agarda