Este premio nacido no ano 2019 coa intención de promover a participación de alumnas e alumnos, tanto de centros públicos como privados dos diferentes centros de ensino de Galicia e de fóra do país.
O evento ten por obxecto promover a expresividade e a expresión poética narrativa e discurso do idioma galego. Asemade pretende render homenaxe á poeta das Mariñas un dos escasos referentes da literatura feminina e feminista do século XIX. Ela é a segunda escritora despois de Rosalía que publicaría un libro en galego nese século.
As persoas interesadas en participar teñen de prazo ata final de curso para se inscribir. Deben de facelo enviando un correo electrónico a:
filomena.dato.muruais@gmail.com.
A ese correo debe de enviarse:
-As gravacións, dun máximo de 5 minutos
-O traballo por escrito
-Unha ficha de inscrición debidamente cuberta que se descarga no facebook da Asociación Lisístrata
Os traballos deben de cinguirse e un tema, e este ano o elixido é :
”Mansplaining”
