Os “ Zoqueiros “ do Porriño viaxan a Valladolid

O pasado mes de marzo os nosos amigos do grupo celtista Os “ Zoqueiros” do Porriño achegáronse ata a cidade de Valladolid, cumprindo o seu costume da facer un desprazamento ao ano para ver xogar, e neste caso tamén gañar, ao Celta.

Os seareiros celtistas da nosa vila amosaron a súa satisfacción polo resultado da viaxe, pois manifestan que foron moi ben tratados pola afección do equipo local, e sobre todo pola felicidade de poder volver ao Porriño cos 3 puntos obtidos polo equipo vigués, nun difícil partido que se resolveu a favor do Celta grazas a un penalti transformado por Marcos Alonso.

Este ano a temporada do equipo vigués, dirixido polo adestrador Porriñés Claudio Giráldez, está sendo moi boa e ten toda a pinta de que pode chegar a ser incluso sobresaínte se finalmente acaban clasificándose para disputar unha competición europea.

Se iso é finalmente así agardamos poder ver aos nosos amigos zoqueiros levando o nome do Porriño polos distintos campos de Europa.