PCP denuncia degradación da ligazón ferroviaria Porto–Vigo e exixe medidas urxentes

O Partido Comunista Portugués considera inadmisíbel o estado de desinvestimento e degradación a que chegou a ferrovia en Portugal, denunciando en particular a situación da ligazón internacional entre o Porto e Vigo, agora nun estado de completa deterioración.

O desenvolvemento económico do país, o direito á mobilidade, a cohesión territorial e a sustentabilidade exixen unha ferrovía modernizada, con capacidade e cualidade para responder ás necesidades das poboacións. No caso das ligazóns internacionais, a política do Goberno ten sido destruír para entregar ás multinacionais europeas, como se comproba nos casos das ligazóns a Vigo e a Madrid. O PCP reafirma que continuará a intervir, coa luita necesaria, para garantir unha ferrovía ao servizo dos traballadores e das poboacións.

A partir da súa Organización da Emigración, o PCP subliña que, frente ás decenas de miles de traslados diarios na fronteira desta eurorrexión, é esencial estabelecer liñas regulares de trens e de
transporte por estrada que respondan efectivamente ás necesidades das traballadoras e dos traballadores, permitindo organizar traslados en condicións dignas e confortábeis. A actual infraestrutura está lonxe de corresponder aos padróns mínimos exixíbeis o noso tempo, Imponse a
creación de ligazóns útiles, planeadas para servir as clases traballadoras.

As locomotoras que aseguran o percorrido entre o Porto e Vigo están a atinxir o límite de quilómetros percorridos, o que obriga á realización de grandes revisións en España. Segundo información divulgada, non existe acordo entre a CP –Trens de Portugal– e a RENFE canto ao pagamento desas revisións. En canto o servizo ferroviario se degrada, o Goberno limítase a suceder conferencias de imprensa á resolución dos problemas. Unha cuestión elemental, como a necesidade de material circulante –sen o cal non hai ferrovía–, parece escapar ao Executivo, que continúa a non asegurar a modernización indispensábel do parque ferroviario nacional.

Frente a esta situación, o Grupo Parlamentar do PCP presentou na Asemblea da República unha iniciativa (adxunta a esta nota, en PDF) solicitando ao Goberno, a través do Ministerio das Infraestruturas e da Vivenda, que esclareza o punto de situación da ligazón ferroviaria
Porto–Vigo.

Na mesma iniciativa, o PCP exixe aínda que o Goberno informe que medidas irá adoptar para que a CP dispoña da capacidade necesaria á modernización do seu material circulante, para garantir a melloría da oferta ferroviaria — nacional e internacional — e a acompañar os investimentos en curso na infraestrutura, a pesar da absurda lentitude provocada pola liberalización, que destruíu gran parte do saber facer nacional.